Interior da Colmea almacén para a venda en liña situado en València

Mercadona inicia as obras dos seu novo almacén en liña en Alacant cun investimento de 14 millóns de euros

27 de xullo de 2021
  •  Durante a construción participan 25 provedores que dan emprego a 150 persoas durante a fase de obras.
  • Este almacén, para xestionar e preparar os pedidos en liña, sumarase aos que a compañía ten en marcha en Valencia, Barcelona e Madrid.
  • A previsión é inaugurar este centro, chamado internamente Colmea, a mediados de 2022 cun cadro de persoal de máis de 340 persoas. 

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, comezou os traballos para a construción do seu almacén exclusivo para a compra en liña en Alacant, que virá a sumarse aos que xa ten en marcha en Valencia, Barcelona e Madrid. A Colmea, como internamente a compañía denomina os almacéns destinados ao servizo en liña, estará situada na estrada de Ocaña, detrás de Mercalicante, e ten previsto un investimento de máis de 14 millóns de euros. Durante a fase de construción participan 25 provedores dando emprego a 150 persoas. A nave ocupará 10.000 m2 sobre unha parcela de 19.000 m2 de superficie e espérase a súa posta en marcha a mediados do próximo ano.

Dende esta Colmea, onde se xestionarán e prepararán os pedidos en liña, a previsión é ofrecer o novo servizo na cidade de Alacant, e en función da evolución do proxecto, a compañía prevé expandir o servizo a outros municipios da provincia. O equipo que traballará na Colmea de Alacant estará composto por aproximadamente 340 persoas, entre repartidores e pickers.  

Sostibilidade e eficiencia

A nova compra en liña persegue mellorar a experiencia do “Xefe” (cliente) ao habilitar a nova web de compra e aplicación móbil, ademais de levar asociados importantes cambios estruturais que permiten optimizar os procesos de preparación e repartición. Ao trasladar a preparación e envío dos pedidos á Colmea, en lugar de xestionalos un a un dende as tendas, increméntase a produtividade e eficiencia, garantindo un mellor servizo.

Ademais, a frota de vehículos de Mercadona Online está composta por vehículos a gas que poden transportar ata 15 pedidos. Estes foron deseñados exclusivamente con 3 zonas de temperatura adaptadas a cada tipo de produto: temperatura ambiente, refrixerado e conxelado. Ademais, incorpora un sistema de descarga mecanizado que minimiza a manipulación da carga, coa redución conseguinte de sobreesforzos para as traballadoras e os traballadores e a diminución do tempo de descarga. 

Traballadores da Colmea de Getafe (Madrid)Traballadores da Colmea de Getafe (Madrid).

Interior da Colmea almacén para a venda en liña situado en ValènciaInterior da Colmea de València (Valencia).