Imaxe de como han de ser as novas oficinas de Mercadona no 2021 en Albalat dels Sorells, Valencia

Mercadona inicia a segunda fase das súas instalacións en Albalat dels Sorells (Valencia)

25 de xaneiro de 2018
  • O investimento previsto é de 80 millóns de euros e vanse destinar importantes recursos para construír uns edificios eficientes enerxeticamente, responsables no uso da auga e con espazos estratexicamente orientados para optimizar a iluminación natural.
  • Na súa construción han participar unha media de 150 fornecedores, que darán emprego a máis de 600 persoas durante a fase de obra.
  • A compañía ten previsto aproveitar a contorna natural que envolve a parcela de máis de 25.000 metros cadrados e construír tres novos edificios rodeados de zonas verdes.
  • As novas oficinas terán unha capacidade aproximada para 1.000 persoas. A construción das novas oficinas sustentables rematará no 2021 e instalaranse ao pé do Centro de Proceso de Datos (CPD) e mais do Centro de Servizos que a compañía inaugurou no 2014.

Mercadona, empresa de supermercados de capital 100% español e familiar, inicia a segunda fase do seu proxecto en Albalat dels Sorells (Valencia), coa construción das súas novas oficinas neste municipio. Deste xeito, consolídase o proxecto que a compañía comezou no 2012 coa construción do Centro de Proceso de Datos (CPD) e mais do Centro de Servizos; inaugurados ambos no 2014.

O investimento previsto nesta segunda fase é de 80 milllóns de euros e parte dos recursos van ser destinados a optimizar ao máximo o espazo que o contorna para garantir a sustentabilidade das oficinas. Polo momento as obras comezaron cos primeiros movementos de terra mais, na súa totalidade, está previsto colaborar con 150 fornecedores de obras que dean emprego a 600 persoas.

A construción das novas oficinas sustentables realízase sobre unha parcela de máis de 25.000 metros cadrados e está previsto que remate no 2021. O obxectivo é construír tres edificios e mais un aparcadoiro subterráneo cunha capacidade aproximada para 1.000 traballadores.

Novas oficinas sustentables coa contorna

Mercadona vai desenvolver este proxecto, en colaboración con ERRE Arquitectura, aproveitando ao máximo a orientación e a iluminación natural da contorna. Deste xeito, conséguense espazos máis confortables e cunha iluminación natural para os traballadores reducindo o consumo eléctrico en iluminación. Alén diso, mediante a abertura de grandes patios, vaise introducir a iluminación no aparcadoiro subterráneo para resultar máis agradable, reducir o consumo eléctrico e estar, ao mesmo tempo, gorecido da chuvia.

Canto ao exterior, os edificios estarán rodeados de zonas verdes e mais de áreas de lecer para fomentar a circulación natural do ar. A compañía aposta polos patios axardinados nas súas novas oficinas, por mor de estes espazos singulares absorberen a contaminación e proporcionaren oxíxeno, medidas que favorecen o confort dos empregados. Para alén diso, co obxectivo de realizar un uso responsable da auga, tense previsto utilizar as augas pluviais para realizar o rego das anteditas zonas verdes.

Por último, o deseño interior das oficinas apóiase en espazos abertos conectados entre si e con interiores sinxelos para aproveitar a enerxía solar e xerar dunha atmosfera de traballo que fomente a produtividade e a creatividade.

Estado actual da parcela onde se situarán as novas oficinas de Mercadona en Albalat dels Sorells, ValenciaEstado actual da parcela onde se situarán as novas oficinas de Mercadona en Albalat dels Sorells, Valencia.

Simulación de como han de ser as novas oficinas de Mercadona no 2021 en Albalat dels Sorells, ValenciaSimulación de como han de ser as novas oficinas de Mercadona no 2021 en Albalat dels Sorells, Valencia.