- Todos os produtos de orixe animal que ofrece Mercadona proceden de provedores homologados, que son auditados tanto pola compañía como polas Autoridades Sanitarias, garantindo o cumprimento da lexislación vixente.
Mercadona está comprometida co benestar dos animais. Proba diso é a súa Política de Benestar Animal que reflicte os esforzos non só en garantir a seguridade alimentaria e a calidade do produto, senón tamén en garantir unhas condicións dignas durante toda a vida do animal.
Con esta Política Mercadona esixe a protección e o benestar dos animais nas explotacións gandeiras e no resto dos procesos. Polo que, ademais de cumprir a lexislación vixente na materia, vela porque os seus provedores apliquen normas de benestar animal.
Co fin de garantir o seu cumprimento, Mercadona traballa estreitamente cos seus provedores asegurando que os animais que proporcionan carne, ovos, leite e outros produtos de orixe animal sexan criados en condicións que cumpran as chamadas "5 liberdades".
Política de Benestar Animal de Mercadona
- O Benestar animal é unha demanda ética e social irrenunciable, é un requisito necesario para garantir a calidade dos produtos cárnicos que Mercadona lles ofrece aos seus "Xefes" (clientes).
- Mercadona está comprometida na protección e no benestar dos animais nas explotacións gandeiras e no resto dos procesos, ademais de cumprir a lexislación vixente na materia se apliquen normas de benestar animal durante toda a vida do animal.
- Para iso Mercadona traballa estreitamente cos seus provedores para:
1. Asegurar que os animais que proporcionan a carne, os ovos, o leite e outros produtos cárnicos sexan criados en condicións que aseguren o cumprimento das 5 liberdades (5F):
- Evitar a sede e a fame, proporcionándolles acceso a auga potable e a unha dieta adecuada para manter a saúde e o vigor.
- Proporcionarlles un ambiente apropiado que inclúa refuxio e unha zona de descanso cómoda e adecuada.
- Evitar a dor, as lesións e as enfermidades, aplicando medidas preventivas, un diagnóstico rápido e o tratamento adecuado.
- Que poidan expresar un comportamento completamente normal, proporcionándolles espazo suficiente, instalacións adecuadas, e en compañía doutros animais da súa mesma especie
- Evitarlles situacións de medo e angustia, garantindo un manexo adecuado que evite todo sufrimento innecesario.
2. Que o persoal das explotacións gandeiras e do resto dos procesos teñan a formación adecuada, para evitar calquera tipo de dor ou sufrimento inducido polo manexo na crianza, no transporte e no sacrificio.
3. A implantación de estándares certificables que inclúan o benestar animal no horizonte do ano 2021.
Froito dese compromiso, Mercadona rexeita rotundamente calquera mala práctica no manexo dos animais, e non traballará con ningún provedor que non cumpra con esta Política de Benestar Animal.
Algunhas medidas de Mercadona en Benestar Animal
Mercadona e os seus provedores están traballando xunto ao IRTA (Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentarias) e NEIKER-Tecnalia (Instituto de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico) no desenvolvemento dunha regulación completa de protección dos animais nas granxas, no transporte e tamén na fase de sacrificio.
2021 será o ano límite para que todos os provedores da compañía estean certificados en Benestar Animal grazas a unha sinatura colectiva coa que se comprometeron o 100% dos provedores de carne, ovos e leite.
Entre outros movementos adoptados, Mercadona está traballando cos seus provedores para abandonar progresivamente a venda de ovo procedente de galiñas en gaiola.
Para coñecer este e outros compromisos de Mercadona, animámoste a consultar a Memoria medioambiental ou o espazo de Responsabilidade Social, onde se recollen outros feitos e compromisos en materia de sostibilidade e medioambiente.