Cartel 3.ª Semana contra o desperdicio

Mercadona únese á 3.ª Semana contra o desperdicio organizada por AECOC

28 de septembro de 2020
  • A compañía participa a través da súa rede de tendas na 3.ª Semana contra o desperdicio como entidade colaboradora.
  • A iniciativa organizada por AECOC lévase a cabo do 28 de setembro ao 4 de outubro, e conta coa participación de empresas, consumidores e outras institucións.
  • Mercadona conta con varias estratexias para evitar o desperdicio de alimentos.

Por terceiro ano consecutivo, Mercadona súmase á Semana contra o desperdicio alimentario organizada pola Asociación de Fabricantes e Distribuidores (AECOC) durante a semana do 28 de setembro ao 4 de outubro de 2020. A organización involucra todos os elos da cadea alimentaria no labor de sensibilizar e promover a concienciación sobre este problema na sociedade e a necesidade de palialo a nivel global.

Esta 3.ª Semana contra o desperdicio ten o obxectivo de poñer en valor a importancia dos alimentos e de facer un bo uso deles. Un feito que implica a todos, dende os produtores á cidadanía pasando polo comercio, para facer fronte ao desperdicio de alimentos.

Ademais, esta edición engloba o  Día Internacional de Concienciación sobre a Perda e o Desperdicio de Alimentos, decretado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para o próximo 29 de setembro. E dadas as circunstancias, as accións levaranse a cabo mediante as canles sociais de “Alimentación sen desperdicio” e das empresas colaboradoras.

Mercadona súmase á campaña de concienciación a través da súa rede de tendas para contribuír a esta cuestión, que ten un forte impacto económico-social e tamén medioambiental. Así mesmo, dende 2012 a compañía está adherida á iniciativa de AECOC "A alimentación no ten desperdicio, aprovéitaa", na que participan máis de 500 empresas

Estratexias contra o desperdicio alimentario de Mercadona

Como parte da Política de xestión de residuos Mercadona conta con diferentes medidas para reducir o desperdicio de alimentos nos seus procesos. Coñece algunhas das estratexias nas que Mercadona continúa traballando.

Imaxe de cabeceira: Cartel oficial da campaña 3.ª Semana contra o desperdicio.

Logo Marea Verde

Logo EActiVate