La Política de Bienestar Animal de Mercadona

A Política de Benestar Animal de Mercadona

09 de marzo de 2022
  • Mercadona dispón dunha Política de Benestar Animal que reflicte os esforzos en garantir unhas condicións dignas para o animal durante toda a súa vida, así como a seguridade alimentaria e a calidade do produto.
  • Os provedores de carne, ovos e leite de Mercadona están certificados en Benestar Animal.
  • Mercadona subscribe os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas e traballa para colaborar na súa consecución no marco da Axenda 2030.

No marco da súa responsabilidade social e traballando por unha produción máis sostible, Mercadona está comprometida co benestar dos animais, unha demanda ética e social irrenunciable que a empresa comparte cos seus provedores de produto de orixe animal de marca propia.

O obxectivo de Mercadona é producir de forma sostible toda a súa oferta, e por iso dispón dende hai anos dunha Política de Benestar Animal. Esta Política representa o compromiso e o esforzo da compañía e dos seus provedores para garantir non só a máxima calidade e seguridade dos produtos, senón tamén unhas condicións dignas durante toda a vida do animal, tanto nas explotacións gandeiras coma no resto de procesos.

Como parte deste compromiso, Mercadona esíxelles a todos os seus provedores de carne, ovos e leite que estean certificados en estándares de Benestar Animal internacionalmente recoñecidos e que as súas prácticas sexan auditadas por organismos independentes.

Política de Benestar Animal

A implicación de Mercadona co benestar dos animais concrétase nos seguintes compromisos recollidos na súa Política de Benestar Animal:

1. GARANTIR ‘AS 5 LIBERDADES’ DOS ANIMAIS

O propósito principal da Política de Benestar Animal é asegurar que os animais sexan criados nunhas boas condicións que aseguren o cumprimento das 5 liberdades (5F):

  • Ben alimentados. Que os animais non pasen fame nin sede, tendo sempre acceso a auga potable e a unha dieta adecuada para a súa boa saúde e fortaleza.
  • Ámbito confortable. Que os animais sempre se encontren nun ambiente adecuado e nun aloxamento cómodo, con zonas de descanso e refuxios, con sombras e cunha boa calidade do aire.
  • Sans e fortes. Que os animais gocen de saúde e reciban as medidas de atención correctas, baseadas na prevención (coidando a súa postura, evitándolles dores, enfermidades ou lesións), en diagnósticos áxiles e en tratamentos adecuados, en caso de necesitalo.
  • Comportamento natural. Garantir que os animais poidan expresar e expresen un comportamento normal e adecuado; proporcionaráselles espazo suficiente nunhas boas instalacións e en compañía de animais da súa mesma especie.
  • Estables e seguros. Ofrecerlles aos animais unha vida estable e segura garantindo un manexo adecuado e evitándolles calquera situación de medo ou sufrimento.

2. FORMACIÓN NAS EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS

  • Que o persoal das explotacións gandeiras e o resto de procesos teñan a formación adecuada para evitar calquera tipo de dor ou sufrimento inducido polo manexo na crianza, no transporte e/ou no sacrificio.

3. CARNE, OVOS E LEITE CERTIFICADOS EN BENESTAR ANIMAL

  • Que todos os provedores de carne, ovos e leite estean certificados en Benestar Animal por estándares recoñecidos a nivel internacional e que cumpran os requisitos de validez establecidos por Mercadona. A devandita certificación deberá estar vixente en todo momento.

4. PROVEDORES ADHERIDOS AO PRAN

5. SISTEMAS CERRADOS DE GRAVACIÓN DE IMAXES

  • Que os centros de sacrificio que traballen produtos para Mercadona teñan instalados sistemas cerrados de gravación e almacenamento de imaxes co fin de controlar o bo manexo do animal.

6. OVOS DE GALIÑAS LIBRES DE GAIOLA EN 2025

  • Hoxe, Mercadona xa ofrece referencias de ovos de galiñas libres de gaiola en toda a cadea; tanto de galiñas campeiras como de galiñas criadas no chan.
  • O 100 % dos ovos frescos serán de galiñas libres de gaiolas, campeiras ou criadas no chan en sistemas non combinados*, antes da fin de 2025.

*Un sistema “non combinado” é aquel que non permite a súa reconversión en sistema de gaiola.

7. COSMÉTICA NON PROBADA EN ANIMAIS

  • Os produtos cosméticos de marca propia no son probados en animais.

A presente Política é susceptible de modificacións (que serían comunicadas, se é o caso), co fin de permanecer actualizada respecto aos cambios que procedan en materia de Benestar Animal.

Resumo da Política de Benestar Animal de MercadonaResumo da política de Benestar Animal de Mercadona.

Ademais dunha Política de Benestar Animal propia, Mercadona desenvolve diversas estratexias enfocadas á produción sostible, como a Política de Pesca Sostible ou as Pautas de Conduta Ética para os Provedores. O propósito do modelo produtivo de Mercadona é equilibrar o crecemento económico coa inclusión social e o coidado do medio ambiente e para iso Mercadona traballa por un desenvolvemento industrial que non poña en risco as necesidades produtivas, sociais e ambientais das xeracións futuras.

Para coñecer outros feitos e compromisos de Mercadona en materia de produción sostible, medio ambiente ou responsabilidade social, visita Coidemos o Planeta ou Responsabilidade Social.

Benestar Animal de Mercadona