Camión sostible de Mercadona

A aposta polo transporte sostible en Mercadona

22 de septembro de 2020
  • Mercadona dispón dunha estratexia de optimización loxística para cada vez “transportar máis con menos recursos naturais”.
  • A aposta polo transporte sostible forma parte da súa política de xestión medioambiental para reducir o impacto da súa actividade.
  • A compañía tamén lles ofrece opcións de transporte sostible aos seus clientes como 1.200 puntos de recarga para vehículos eléctricos, aparcadoiros para bicicletas ou a compra en liña.

A optimización loxística é un dos piares fundamentais da política de protección do medio ambiente de Mercadona. O obxectivo é “transportar máis con menos recursos naturais”, apostando por un transporte sostible que permita manter a excelencia loxística co menor impacto ambiental posible.

Vídeo en español

A frota de camións de Mercadona pertence á categoría Euro VI ou superior, as menos contaminantes. Outros exemplos da aposta polos vehículos sostibles en Mercadona son os camións propulsados a gas, en substitución do gasóleo, as furgonetas eléctricas para as reparticións a domicilio, ou os megatráileres ou bitráileres, capaces de transportar, a diferentes temperaturas e con menos combustible, ata 60 palés nunha soa viaxe.  

Outra das apostas de Mercadona é a descarga nocturna silenciosa dos camións, estratexia xa implantada en máis de 700 tendas, que contribúe a respectar máis aos veciños, así como a reducir o tráfico e a contaminación ao evitar as horas-punta nos núcleos urbanos.

Ademais do uso de transporte sostible, a alta taxa de enchido de camións, a optimización das rutas ou a loxística inversa - baseada en aproveitar todas as rutas como, por exemplo, recoller da tenda residuos ou caixas para a súa reutilización-, son tamén estratexias fundamentais para conseguir a máxima eficiencia loxística reducindo o impacto ambiental da actividade.

Medidas de transporte sostible en MercadonaMedidas de transporte sostible en Mercadona.

Opcións de transporte sostible para os clientes de Mercadona

Dende Mercadona ofrécenselles alternativas aos clientes para que poidan realizar a súa compra facendo uso dun transporte máis sostible poñendo á súa disposición, por exemplo, 1.200 puntos de recarga para vehículos eléctricos nas súas tendas (1 de cada 6 puntos deste tipo en España están en tendas Mercadona), aparcadoiros para bicicletas ou o propio servizo de compra en liña, baseado en reparticións máis eficientes que reducen o uso do vehículo privado.

Política de Medio Ambiente de Mercadona

Mercadona dispón dende hai anos dun sistema de xestión ambiental propio co obxectivo de reducir o impacto dos seus procesos. A compañía investiu máis de 40 millóns de euros en protección do medio ambiente o pasado exercicio. A política medioambiental de Mercadona céntrase en tres áreas: aforro enerxético, optimización loxística e xestión responsable dos residuos.

Imaxe de cabeceira: Imaxe de camión a gas de Mercadona.

Logo EActiVate