Avanza no seu “plan de transformación” para impulsar un modelo de empresa máis dixital, máis produtiva, máis responsable socialmente, máis sostible e consciente da súa responsabilidade en contribuír a mellorar o ámbito social e económico.
- O pasado 2 de xullo, Mercadona alcanzou un fito histórico coa apertura do seu primeiro supermercado en Portugal, ao que se uniron 9 tendas máis, o que permitiu concluír o ano con 10 supermercados, 900 persoas e máis de 300 provedores portugueses, tras investir 150 millóns de euros en 2019.
- Mercadona finalizou o pasado ano cun cadro de persoal de 90.000 persoas con contrato fixo, tras crear 4.200 novos postos de traballo estables e de calidade, 600 deles en Portugal; unha rede de 1.636 supermercados e un total de 1.400 Provedores Totaler especialistas.
- Un ano máis seguiu impulsando o crecemento compartido e distribuíu o beneficio total xerado en 2019 da seguinte forma: 340 millóns de euros entre as traballadoras e os traballadores en concepto de prima por obxectivos; 282 millóns para a Sociedade en concepto de impostos, cun tipo impositivo efectivo no imposto de sociedades do 18%; 493 millóns reinvestidos na empresa como recursos propios; e 130 millóns entre os seus nove accionistas vía dividendos. Todo iso elevou o beneficio neto da compañía ata os 623 millóns, un 5% máis que o exercicio anterior.
- En 2019, Juan Roig e Hortensia Herrero procederon, como levan facendo unha década, a reinvestir e compartir coa sociedade unha parte importante dos dividendos que reciben no seu patrimonio persoal. Concretamente, 50 millóns, a través do Proxecto Legado nas súas diferentes iniciativas: Marina de Empresas, Fundación Trinidad Alfonso, Valencia Basket Club, L’Álqueria del Basket, Licampa 1617 (Valencia Arena) e Fundación Hortensia Herrero; e en 2020 teñen previsto compartir e investir outros 76 millóns.