Mercadona quere dar resposta, nesta situación excepcional, ás necesidades da Sociedade e dos seus “Xefes”.
- Este novo almacén destinado exclusivamente ao servizo en liña, denominado internamente Colmea e situado en Getafe, dará servizos nunha primeira fase aos barrios de Retiro, Salamanca e á zona de Méndez Álvaro.
- Dende o inicio do confinamento, Mercadona reforzou o seu servizo en liña en Valencia e Barcelona, cidades onde conta con Colmeas, e suspendeuno temporalmente no resto dos lugares onde se servían os pedidos directamente dende as tendas.
- Cun investimento de 12 millóns de euros, o novo almacén en liña conta cun cadro de persoal inicial de 100 persoas, que crecerá conforme evolucione o proxecto ata superar as 350 persoas.