O “Observatorio de Innovación en Gran Consumo” do Institut Cerdà recoñece diversos proxectos e boas prácticas innovadoras no sector alimentario español.
O proxecto piloto de camión eléctrico e a 3 temperaturas para a repartición a domicilio, e a gama de leite e batidos +Proteínas Hacendado foron recoñecidas como grandes innovacións do consumo en 2020.
O novo Programa Corporate dará soporte a proxectos empresariais que acheguen solucións en áreas como a redución e eliminación de plásticos, o aforro de enerxía, a xestión de residuos, os produtos saudables ou a distribución urbana.
Os emprendedores seleccionados contarán con apoio económico, asesoramento e formación de ambas as dúas entidades e dispoñerán das instalacións de Marina de Empresas.
A ampliación e especialización da oferta supuxo a compra de 90 millóns de litros máis de cervexa española tras pasar de seis provedores nacionais a vinte e oito en apenas un ano.
Destaca a incorporación nos últimos meses de cinco novos especialistas; 15&30, de Andalucía, Barcelona Beer Company e Cervezas Tibidabo, de Cataluña e Mica e Kadabra, de Castilla y León.
A transformación da categoría con novas cervexas artesanais e sabores locais que complementan as variedades máis tradicionais supuxo para a cadea pasar a ofrecer ata 70 opcións diferentes de cervexa.
Co obxectivo de ter os mellores provedores especialistas para adaptar continuamente a súa oferta aos gustos locais e cubrir un maior número de necesidades.
O Institut Cerdà valora este espazo como un “megacentro de innovación”, pioneiro no sector Gran Consumo en Europa, por innovar dende o cliente “cara a atrás”.
O estudo destaca tamén as Minibarriñas de Chocolate Hacendado, elaboradas polo provedor totaler Dulces Olmedo, por introducir no mercado unha alternativa saudable dentro da categoría de snacks de chocolate.
A nova edición do Aceite Hacendado Nova Campaña de Mercadona, de produción limitada, xa está dispoñible en todos os supermercados da compañía.
Trátase dun coupage de aceites de oliva virxe extra procedentes das variedades de oliva manzanilla, oliva arbequina e oliva de folla branca, froito dun coidadoso proceso de selección dos primeiros aceites producidos no mes de novembro de 2018.
Para lanzar innovacións, desenvolver novos produtos ou mellorar os existentes, Mercadona dispón de Centros de Coinnovación para estudar e compartir cos clientes as súas experiencias de consumo.
En 2017 Mercadona mantivo 9.000 sesións con clientes e investiu 7 millóns de euros nestes centros.
Persoal científico e técnico do Instituto de Investigacións Mariñas en Vigo (IIM) investigará os parasitos do peixe, especialmente o Anisakis, para que Mercadona poida consolidar unha cadea confiable nos seus produtos de pesca e mellorar a calidade e o servizo que lles ofrece aos seus clientes.
No proxecto “ANICHAIN”, que terá un ano de duración e no que participarán 6 provedores especialistas de peixe de Mercadona, vaise centrar nas especies que proceden de sistemas produtivos de pesca FAO 27, é dicir, do Atlántico Nordés.
O fin último é liderar, entre as dúas entidades, un cambio de paradigma na xestión dos riscos asociados a parasitos mediante un enfoque preventivo e innovador baseado na cadea de valor e na análise de riscos.
O peixe de Mercadona pode presumir dunha gran frescura, variedade e prezo grazas ao feito de traballarmos con fornecedores especialistas e 12.000 pescadores de varias rulas de toda a nosa costa, ás que lles mercamos peixe fresco acotío.
Ofrecemos peixe da rula en Mercadona directo do mar á tenda, en menos de 24 horas.
Mercadona e Ubesol renovan a gama de toalliñas WC cun innovador tecido biodegradable e disgregable.
Ubesol, fabricante interfornecedor de Mercadona, lanza o novo Papel Hixiénico Húmido WC Bosque Verde, composto por fibras 100% de orixe natural e disgregable na auga con todas as garantías medioambientais.
O novo servizo supuxo un investimento de máis de 20 millóns de euros en concepto de desenvolvemento e innovación e formación dos traballadores de Mercadona.
Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web e coñecer a súa usabilidade. Se desexa información pode consultar a nosa Política de Cookies. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "Aceptar", rexeitar o seu uso pulsando "Rexeitar" ou personalizalas pulsando "Configurar".
Permítenlle ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos.
Cookies analíticas
non
si
Permiten cuantificar o número de usuarios para realizar a medición e análise estatística da páxina web.