Novo modelo de supermercado eficiente de Mercadona.

Valencia - Mercadona inaugura o seu novo Modelo de Tenda Eficiente en Alzira e Museros

26 de maio de 2017
  • Este novo modelo de supermercado, completamente conectado tecnoloxicamente, presenta un deseño e unhas seccións totalmente renovadas que melloran a experiencia total de compra dos clientes, cun aforro enerxético de até un 40% respecto dunha tenda tradicional.
  • A reforma da tenda do concello de Alzira, localizada na rúa Virgen de la Murta, conlevou un investimento de 1,8 millóns de euros e nela participaron 40 fornecedores que deron emprego a máis de 150 persoas durante a fase de reforma.
  • Por outro lado, a reforma da tenda do concello de Museros supuxo un investimento de máis de 1,7 millóns de euros coa participación de outros 40 fornecedores, que deron emprego tamén a máis de 150 persoas durante a fase de reforma.
  • Ademais de garantir o cadro de persoal anterior en ambos os centros, Mercadona xerou 3 novos postos de traballo adicionais, estables e de calidade, na tenda de Museros.

Mercadona reabre dous novos supermercados co Novo Modelo de Tenda Eficiente, un localizado no concello de Alzira, concretamente na rúa Virgen de la Murta, e o outro no concello de Museros, entre a estrada Barcelona e a rúa Mestre Serrano. A reforma do primeiro deles supuxo un investimento de 1,8 millóns de euros, e a reforma do segundo de máis de 1,7 millóns de euros. En ambos os casos, colaborouse con 40 fornecedores para cada un dos centros, sumando un total de 80 fornecedores, quen, en conxunto, deron emprego a máis de 300 persoas durante a fase da reforma. Por outra parte, este novo modelo de supermercado presenta un novo deseño que mellora a distribución, a decoración e a disposición de todas as seccións co obxectivo de mellorar e de optimizar a experiencia de compra dos seus "Xefes", como a compañía denomina internamente os seus clientes.

Entrada do supermercado de Museros, reformado co novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona.Entrada do supermercado de Museros, reformado co novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona.​

As novas tendas eficientes de Alzira e Museros contan cunha superficie aproximada de sala de vendas de 1.800 e 1.600 metros cadrados respectivamente, e dispoñen dun deseño totalmente renovado respecto do anterior modelo de tenda con novas cores e materiais, quer na fachada exterior de acceso ao supermercado quer na distribución das diferentes seccións. Este novo modelo de tenda aposta por amplos espazos diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidas na delimitación dos diferentes ambientes.

Novidades en todas as seccións

Ademais, presentan novidades en todas as seccións das cales se benefician tanto os “Xefes” (clientes) como os traballadores, os fornecedores e a sociedade. Dispoñen, por exemplo, dunha nova entrada con duplo acristalado que evita correntes de aire, de andeis específicos para o leite fresco e para os zumes refrixerados, dun novo punto de acabado para a carne, dunha góndola central na perfumería para a cosmética especializada e dunha nova exposición na peixería para os produtos de cuncha e o sushi, entre outras novidades.

Este novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona tamén procura ofrecer un mellor servizo para facilitar o acto de compra dos clientes mediante a ampliación dos corredores da froita e dos vexetais, dun novo modelo de cesta da compra e de dous modelos de carros, moito máis ergonómicos e lixeiros.

Adicionalmente, de maneira a facilitar as tarefas cotiás dos traballadores, este novo modelo de supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar os sobreesforzos. Para o deseño do novo moble de caixa, Mercadona contou coa colaboración do Instituto de Biomecánica de Valencia. Alén diso, dispón de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de lecer, así como dunha zona comedor máis equipada e duns armarios persoais máis amplos e cómodos.

Aforro enerxético e xestión totalmente informatizada: tenda eco-eficiente

A nivel medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir até nun 40% o consumo enerxético respecto do modelo de tenda convencional, por mor da mellora do illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor de paredes e teitos e con novas arcas de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosas co medio ambiente. Ademais, conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo as zonas e os momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente. 

Do mesmo xeito, este Novo Modelo de Tenda de Mercadona, completamente conectada tecnoloxicamente, integra unha serie de dispositivos electrónicos e de ferramentas colaborativas para os traballadores, coas que poderen compartir información desde calquera sección da tenda, faciliando a autoxestión de cada supermercado e axilizando os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos encóntranse, por exemplo, a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar as xestións administrativas. Todo isto permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, facilitando a toma de decisións e contribuíndo a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos. 

O horario de abertura destas tendas é de luns a sábado, de 09h00 a 21h30 e dispoñen dun aparcadoiro de 55 prazas, no caso de Alzira, e de 111 prazas, no de Museros, co obxectivo de facilitar a compra a todos os clientes que se movan en vehículo privado. Para alén diso, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra online.

Con estas novas reformas, os clientes de Mercadona continuarán a se beneficiar da súa coñecida política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), que a compañía emprega de xeito exclusivo e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Grazas a isto, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes unha variedade eficaz, con independencia de quen fabrique o produto, coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.

Mercadona ten previsto para o exercicio 2017 investir 180 millóns de euros en reformar e renovar con este Novo Modelo de Tenda Eficiente 126 tendas repartidas por toda España, así como investir 5 millóns de euros en I+D+i en novas melloras informáticas. 

Localización do novo supermercado eficiente de Mercadona en Alzira (Valencia):

Localización do novo supermercado eficiente de  Mercadona en Museros (Valencia):

 

Imaxe de cabeceira: Fachada do Novo Modelo de Tenda Eficiente do supermercado localizado en Alzira (Valencia).​