Hai postos dispoñibles para traballar en Loxística e Mantemento en Mercadona co obxectivo de cubrir as necesidades de persoal: Frigoristas, electromecánicos e mantemento de apoio.
Ofertas de emprego de Mercadona en Loxística e Mantemento
Hai case unha década Mercadona tomou a decisión de innovar na súa rede loxística co desenvolvemento e funcionamento de almacéns totalmente automatizados. Este tipo de bloque loxístico, pioneiro no sector, é unha aposta de Mercadona polo traballo de calidade nos almacéns, xa que permite eliminar completamente calquera manipulación e sobreesforzo dos traballadores, o que contribúe a previr e reducir o risco de accidentes laborais e, ademais, incrementa a productividade e mais a eficiencia.
Para cubrir a necesidade de postos para o Dpto de loxística de Mercadona en Valencia, Vitoria e Abrera (Barcelona) hai vagas de emprego en Mercadona para frigoristas e electromecánicos:
Mercadona precisa persoal para loxística cos seguintes requisitos:
Frigoristas:
FPII ou Grao Superior en Frío Industrial / Mantemento en instalacións térmicas e fluídos.
Consulta as ofertas de emprego:
- Frigorista en Valencia (2 anos de experiencia en frío industrial (NH3 / CO2)
Electromecánicos:
Ciclo Formativo Grao Superior ou FP II equivalente en: Electricidade e Electrónica / Mecatrónica / Electromecánica / Automatización e Robótica Industrial.
Coñecementos necesarios: automatización, robótica industrial e mantemento.
Consulta as ofertas de emprego:
Vagas para Mantemento de Apoio en Galicia:
FP II Grao Superior – Frío e/ou Climatización Industrial ou equivalente
Consulta as ofertas de emprego:
Condicións laborais en Mercadona para estes postos:
- Contrato indefinido.
- O soldo: 1.850 € brutos ao mes con progresión salarial (máis diferentes pluses dependendo dos postos)
- Xornada de 40 horas semanais.
- Dispoñibilidade para traballar de luns a domingo.
- A compañía toma conta da formación das súas traballadoras e traballadores.
Máis información sobre as Condicións laborais en Mercadona.
As persoas interesadas nas propostas de emprego de Mercadona poden presentar a súa solicitude de emprego na nosa web, apartado "Emprego" e rexistrar o seu Currículo actualizado.