Vagas de emprego Loxística e Mantemento en Mercadona

Vagas de emprego Loxística e Mantemento en Mercadona

17 de abril de 2018

Hai postos dispoñibles para traballar en Loxística e Mantemento en Mercadona co obxectivo de cubrir as necesidades de persoal: Frigoristas, electromecánicos e mantemento de apoio.

Ofertas de emprego de Mercadona en  Loxística e Mantemento

Hai case unha década Mercadona tomou a decisión de innovar na súa rede loxística co desenvolvemento e funcionamento de almacéns totalmente automatizados. Este tipo de bloque loxístico, pioneiro no sector, é unha aposta de Mercadona polo traballo de calidade nos almacéns, xa que permite eliminar completamente calquera manipulación e sobreesforzo dos traballadores, o que contribúe a previr e reducir o risco de accidentes laborais e, ademais, incrementa a productividade e mais a eficiencia.

Para cubrir a necesidade de postos para o Dpto de loxística de Mercadona en Valencia,  Vitoria e Abrera (Barcelona) hai vagas de emprego en Mercadona para  frigoristas e electromecánicos:

Mercadona precisa persoal para loxística cos seguintes requisitos:

Frigoristas:

FPII ou Grao Superior en Frío Industrial /  Mantemento en instalacións térmicas e fluídos.

Consulta as ofertas de emprego:

Electromecánicos:

Ciclo Formativo Grao Superior ou FP II equivalente en: Electricidade e Electrónica / Mecatrónica / Electromecánica / Automatización e Robótica Industrial.

Coñecementos necesarios: automatización, robótica industrial e mantemento.

Consulta as ofertas de emprego:

Vagas para Mantemento de Apoio en Galicia:

FP II Grao Superior – Frío e/ou Climatización Industrial ou equivalente

Consulta as ofertas de emprego:

Condicións laborais en Mercadona para estes postos:

  • Contrato indefinido.
  • O soldo: 1.850 € brutos ao mes con progresión salarial (máis diferentes pluses dependendo dos postos)
  • Xornada de 40 horas semanais.
  • Dispoñibilidade para traballar de luns a domingo.
  • A compañía toma conta da formación das súas traballadoras e traballadores.

Máis información sobre as Condicións laborais en Mercadona.

As persoas interesadas nas propostas de emprego de Mercadona poden presentar a súa solicitude de emprego na nosa web, apartado "Emprego"  e rexistrar o seu Currículo actualizado.