Personal de Perfumería reponiendo sección

Vagas de emprego de Mercadona en Girona

07 de septembro de 2017

Oferta de emprego Mercadona en Girona

Para cubrir a necesidade de postos fixos para supermercados de Mercadona en Girona, hai vagas de emprego en Mercadona para persoal de supermercado:

Vagas para persoal de supermercado cos seguintes requisitos:

Xornada completa:

Candidatos con estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Dispoñibilidade para traballar de luns a sábado en xornada semanal de 40 horas e orientación polo servizo ao cliente.

Xornada parcial de fin de semana:

Candidatos que estean a cursar carreira universitaria, que queiran e poidan compaxinar estudos e traballo. Dispoñibilidade para traballar vernes e sábados (xornada de 15 hrs/semanais) ou luns, vernes e sábados (xornada de 20 hrs/semanais). 

Persoal de mantemento de tenda:

Candidatos con estudos de FPI, FPII, Grao medio ou grao superior de electricidade/electrónica/electromecánica/mecánica con coñecementos en instalacións eléctricas. Dispoñibilidade para traballar de luns a sábados en xornada semanal de 40 horas, en quenda de mañá.

Condicións laborais en Mercadona

Mercadona ofrece un contrato fixo desde o primeiro día.

O soldo inicial:

Xornada de 40 horas semanais de 1.297 € brutos ao mes, con progresión salarial.

Xornada de 15 horas semanais de 487 € brutos ao mes, con progresión salarial.

Xornada de 20 horas semanais de 649 € brutos ao mes, con progresión salarial.

A compañía encárgase da formación das súas traballadoras e traballadores en todos os postos das seccións de Froitería, Peixería, Carnicería, Chacinería, Forno, Perfumería, Caixas, Reposición, Limpeza, Servizo a domicilio e Mantemento de tenda.

Máis información sobre as Condicións laborais en Mercadona.

As persoas interesadas nas diferentes propostas de emprego de Mercadona en Girona  poden presentar as solicitudes de emprego na nosa web, apartado "Emprego"  e rexistraren o seu Currículum.