Vacantes de emprego en Mercadona para o bloque loxístico de Vitoria-Gasteiz

Vacantes de emprego en Mercadona para o bloque loxístico de Vitoria-Gasteiz

29 de maio de 2018

Hai postos dispoñibles para traballar en Mercadona no bloque loxístico de Vitoria-Gasteiz, co obxectivo de cubrir as necesidades de persoal: frigoristas e electromecánic@s.

Ofertas de emprego para o bloque loxístico de Mercadona en Vitoria-Gasteiz

Mercadona traballa no desenvolvemento da súa rede loxística co obxectivo de transformala para optimizar todo o seu potencial. Para liderar a eficiencia na súa cadea de subministración, mantén investimentos constantes dende hai máis dunha década, o que lle permitiu non só reforzar a súa eficiencia, senón innovar coa eliminación nos seus bloques de calquera manipulación e sobreesforzo por parte dos traballadores e traballadoras, o que contribúe a previr e reducir o risco de accidentes laborais. De feito, a compañía consolidou a súa aposta polo traballo de calidade nos almacéns coa posta en marcha de bloques loxísticos totalmente automatizados, pioneiros no sector, que son, ademais, un motor de competitividade e produtividade.

Mercadona finalizou a primeira fase das obras do bloque loxístico de Vitoria-Gasteiz (Araba/Álava), coa posta en marcha da actividade de secos, envases, frío e perecedoiros, o que supuxo ata agora un investimento de 50 millóns de euros. Este proxecto iniciouse en 2015 para abastecer os supermercados que ten en Euskadi, Navarra, La Rioja, Cantabria e Burgos.

Continuando co proxecto para o bloque loxístico de Mercadona en Vitoria-Gasteiz, hai vacantes de emprego en Mercadona para frigoristas e electromecánic@s:

Mercadona precisa persoal para loxística cos seguintes requisitos:

Frigoristas:

  • FPII ou Grao Superior en frío industrial /  Mantemento en instalacións térmicas e fluídos.

Electromecánic@s:

  • Ciclo Formativo Grao Superior ou FP II equivalente en: electricidade e electrónica / mecatrónica / electromecánica / automatización e robótica industrial.
  • Coñecementos necesarios: automatización, robótica industrial e mantemento.

Consulta as ofertas de emprego:

Frigoristas e Electromecánic@s para Mantemento en Vitoria-Gazteiz

Condiciones laborais para persoal do bloque loxístico en Vitoria-Gasteiz:

  • Tipo de contrato: Indefinido
  • O salario: 1.850 € brutos ao mes con progresión salarial. (máis diferentes pluses dependendo dos postos)
  • A compañía encárgase da formación das traballadoras e traballadores de Mercadona.
  • Promoción interna.

Máis información sobre as Condicións laborais en Mercadona.

As persoas interesadas nas propostas de emprego de Mercadona poden presentar a súa solicitude de emprego na nosa web, apartado "Emprego"  e rexistrar o seu currículo actualizado.