Día do Celíaco en Mercadona

Un menú para celíacos, cada día en Mercadona

16 de maio de 2024
  • A compañía está comprometida coa comunidade celíaca dende hai 24 anos.
  • Mercadona ofrece máis de 1.533 produtos sen glute accesibles para celíacos e de fácil identificación.

Dende hai 24 anos, Mercadona está comprometida coa comunidade celíaca; traballa cada día para ofrecerlles unha ampla variedade de produtos sen glute aos “Xefes” (clientes) que padecen intolerancias ou alerxias alimentarias ao glute e así optar a diferentes menús diarios. E, no Día Internacional do Celíaco, a compañía únese para visibilizar esta enfermidade.

Actualmente, Mercadona ofrece nos seus lineais máis de 1.533 produtos sen glute Hacendado, aptos e accesibles para celíacos e de fácil identificación grazas ao logo sen glute que se inclúe na gran maioría deles. Para iso, a compañía conta con máis de 200 provedores especialistas, que se esforzan en mellorar e ampliar esta oferta sen glute, garantindo a súa calidade, a súa seguridade alimentaria e a súa composición nutricional.

Vídeo en español

Colaboración con asociacións representativas e participación en accións formativas

Para Mercadona é fundamental o papel das organizacións que representan ás persoas celíacas, xa que lles permite coñecer mellor a enfermidade e encontrar solucións ás necesidades de todos os consumidores.

Por iso, a compañía colabora con diferentes organizacións de ámbito nacional, como a Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE), Celíacs de Catalunya (SMAP), a Asociación de Celíacos e Sensibles ao Glute (ACSG) e a Asociación Española de Persoas con Alerxia a Alimentos e Látex (AEPNAA); e de ámbito autonómico.

Así mesmo, Mercadona participa en diferentes accións formativas e informativas, como:

  • A edición de contos e guías.
  • A participación en sesións de coinnovación, obradoiros formativos e xornadas organizadas polas diferentes asociacións.
  • Obradoiros de cociña en mercados.
  • Participación en programas de cociña.
  • Colaboración en páxinas web (ACECALE) en guías, contos, … material formativo.
  • Elaboración de menús mensuais sen glute (SMAP).

Mercadona ofrece máis de 1.533 produtos sen glute HacendadoMercadona, comprometida coa comunidade celíaca dende hai máis de 20 anos.