Entrega de alimentos de Mercadona ao comedor social de Inca “Sor Isabel Bonnín”

Tres supermercados de Mercadona doarán diariamente alimentos ao comedor social de Inca “Sor Isabel Bonnín”

14 de maio de 2020
  • A compañía reforza a súa colaboración co comedor social “Sor Isabel Bonnín” de Inca xestionado por Cáritas Diocesana de Mallorca mediante a entrega diaria de produtos de primeira necesidade.
  • Mercadona intensifica as doazóns durante a excepcional situación ocasionada pola Covid-19 e dá resposta ás necesidades ocasionadas por esta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo.
  • A empresa doou no que vai de ano 39.000 quilos de produtos de primeira necesidade a distintas entidades e organizacións sociais de Illes Balears coas que colabora habitualmente.
  • En 2019 a compañía doou un total de 125 toneladas de alimentos de primeira necesidade tan só en Illes Balears.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza o seu Modelo Responsable durante a situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19. Nese sentido, ampliou a tres o número de tendas responsables de doar alimentos ao comedor social “Sor Isabel Bonnín” de Inca. A partir de hoxe xoves as tendas situadas na Avenida General Luque e no Mercat Cobert súmanse ao supermercado da Avenida Rei Jaume I na entrega diaria de produtos de primeira necesidade como froitas e verduras, lácteos, carne, peixe, embutidos, pan ou pastas co obxectivo de que o comedor poida preparar as comidas para as persoas e familias beneficiarias deste servizo que ofrece o comedor social co que a compañía colabora dende 2013.

O comedor social de Inca, que foi remodelado integramente en 2018, cambiou o seu nome daquela polo dunha das súas fundadoras, Sor Isabel Bonnín, en honor do seu gran labor. A incorporación de dúas tendas máis á repartición de alimentos contribuirá a dar un mellor servizo ás máis de 130 persoas que acoden diariamente ao centro.

Con esta ampliación, os traballadores da tenda situada na Avenida Rei Jaume I son os encargados de achegar ata o comedor os produtos procedentes dos tres supermercados coas furgonetas da compañía, e entréganllelos aos traballadores e voluntarios do centro para que preparen as comidas.

A responsable de Relacións Externas de Mercadona en Illes Balears, Bárbara Ordás, asegura que: “A situación de excepcionalidade que estamos vivindo require da nosa parte axilidade nas nosas decisións para dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables. Estamos moi satisfeitos de reforzar a colaboración con este comedor social, e sentímonos orgullosos de poder achegar alimentos para axudar a completar a dieta das familias, usuarios e usuarias que acoden a este centro".

Pola súa parte, a representante de Cáritas Diocesana de Mallorca, Margalida Riutort manifestou a súa satisfacción por reforzar este tipo de colaboracións "que nos axudan a aumentar os nosos recursos diarios, e máis aínda ante a situación de gran excepcionalidade que estamos vivindo”.

Mercadona doou no que vai de ano ás distintas entidades coas que colabora en Illes Balears 39.000 quilos de produtos de primeira necesidade e reforzou o seu proceso de doazóns coas entidades sociais de Illes Balears coas que colabora habitualmente, que son o Banco de Alimentos de Mallorca, os Bancos de Alimentos Municipais de Maó e Ciutadella de Menorca, Cáritas Diocesana de Eivissa e Formentera, co comedor social Sor Isabel Bonnín de Inca, xestionado por Cáritas Diocesana de Mallorca, co comedor social de "Ca l'Ardiaca" xestionado pola Asociación Altruista Es Refugi de Palma, co comedor social Tardor xestionado pola Asociación Tardor de Palma e cos comedores sociais de Eivissa, Santa Eulària des Riu e Sant Antoni de Portmany xestionados por Cáritas Diocesana de Eivissa e Formentera en Eivissa.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o Plan de Responsabilidade Social comentado anteriormente, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona colabora con máis de 250 comedores sociais e máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal, ás que doa diariamente alimentos e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 4.509 toneladas de alimentos, 4.304 en España e 205 en Portugal, cantidades que se foron incrementando dende que a compañía o 26 de marzo, tras a paréntese producida como consecuencia do impacto que a Covid-19 tivo nos procesos da compañía, tomase a decisión de reactivar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Igualmente, Mercadona colabora intensamente con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade.

Entrega de alimentos de Mercadona ao comedor social de Inca “Sor Isabel Bonnín”Entrega de alimentos de Mercadona ao comedor social de Inca “Sor Isabel Bonnín”.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará