- A compañía constrúe tres novos supermercados e reforma outros catro centros na provincia para adaptalos ao seu Novo Modelo de Tenda Eficiente, que incorpora novidades como a sección ‘Listo para Comer’.
- Coas novas aperturas, Mercadona pechará o ano con 72 supermercados.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, mantén o seu esforzo investidor na provincia de Sevilla, onde este ano destinou 30 millóns de euros á ampliación e mellora da súa rede de tendas. En concreto, a cadea de supermercados reformou catro establecementos para adaptalos ao Novo Modelo Eficiente da compañía: dous en Alcalá de Guadaíra (R/ Duquesa de Talavera, 65 e Parque Comercial Guadaíra), un no municipio de Bormujos (R/ Miguel Hernandez, 19) e o supermercado de Coria del Río sito na Avda. Primero de Mayo, 52.
Este ano, ademais, Mercadona construíu tres novos supermercados na provincia, nos municipios de La Rinconada (R/ Sanidad Pública, s/n), que abre hoxe as súas portas; La Algaba (Av. Santiponce, s/n), que abrirá mañá día 3 de decembro e Alcalá del Río (Av. de Sevilla, 12), que se inaugurará o próximo 9 de decembro e será apertura por peche do actual ao non responder aos estándares que require a compañía. Tales establecementos tamén responderán ao Novo Modelo de Tenda Eficiente da cadea. Coas novas aperturas (unha por peche e dúas netas), Mercadona pechará o ano con 72 supermercados na provincia de Sevilla (21 deles na capital).
O Novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona reforza a excelencia no servizo e optimiza o acto de compra, con melloras das que se benefician tanto os “Xefes” (clientes), como os traballadores, os provedores e a sociedade. Entre tales melloras figuran unha nova entrada ao supermercado con dobre cristal que evita correntes de aire, corredores máis amplos e un modelo de carro da compra e de carro tipo cesta moito máis ergonómicos e lixeiros.
Así mesmo, este novo modelo incorpora novidades como a sección “Listo para Comer”, que conta cun total de 35 pratos distintos que se serven en envases fabricados con materiais naturais, como a cana de azucre (material compostable), o cartón ou o papel.
Esta nova xeración de supermercado eficiente dispón dun deseño totalmente renovado respecto ao anterior modelo de tenda con novas cores e materiais, tanto na fachada exterior de acceso ao supermercado como na distribución das distintas seccións. Así mesmo, aposta por amplos espazos diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidas na delimitación dos distintos ambientes.
Tecnoloxía e Ergonomía para as traballadoras e traballadores de Mercadona
Adicionalmente, co obxectivo de facilitar as tarefas diarias dos traballadores, este novo supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar sobreesforzos. Por exemplo, o novo moble de caixa Mercadona desenvolveuse en colaboración co Instituto de Biomecánica de Valencia. A tenda tamén dispón de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de descanso, así como un comedor máis equipado e uns armarios persoais máis amplos e cómodos.
Ademais, esta Nova Tenda Eficiente de Mercadona está completamente conectada tecnoloxicamente, mediante a integración dunha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaboradoras para os traballadores cos que poder compartir información dende calquera sección da tenda; isto facilita a autoxestión de cada supermercado e axiliza os procesos de toda a cadea.
Aforro enerxético: tenda ecoeficiente
A nivel medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir ata un 40 % o consumo enerxético respecto ao modelo de tenda convencional, debido á mellora do illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor de paredes e teitos e con novos mobles de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosos co medio ambiente. Ademais, conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo zonas e momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente.
Con estas aperturas, os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa coñecida política comercial SPB (Sempre Prezos Baixos), que a compañía utiliza de forma exclusiva e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Así, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes, con independencia de quen fabrique o produto, unha oferta eficaz coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.
Mercadona en Sevilla
Coa apertura, hoxe, do novo supermercado en La Rinconada, Mercadona conta en Sevilla con 71 establecementos (serán 72 no momento do peche de 2021) e un bloque loxístico situado no municipio de Huévar del Aljarafe. En conxunto, no momento do peche do pasado exercicio sumaba un cadro de persoal con emprego estable e de calidade de 4.473 persoas.
Nova tenda eficiente de Mercadona en La Rinconada, Sevilla.
Novo supermercado de Mercadona en La Algaba.