Logo fachada Mercadona

Sevilla - Mercadona abrirá o próximo 1 de decembro en El Mirador de Santa Justa

16 de novembro de 2023
  • A compañía investiu 3,9 millóns de euros na construción da súa nova tenda en Sevilla capital. Nas obras participaron 15 provedores, que deron emprego a 120 persoas.
  • Responde ao novo modelo de tenda sostible, que optimiza o acto de compra dos clientes e permite reducir ata un 40 % o consumo enerxético. Ademais, conta coa nova sección de “Listo para Comer” e cun aparcadoiro con 283 prazas.
  • Con esta nova apertura, a compañía conta con 71 supermercados en Sevilla (capital e provincia), dos cales 58 xa teñen implantado o novo modelo de tenda eficiente.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de tenda en liña, abrirá o próximo 1 de decembro un novo supermercado eficiente en Sevilla capital, concretamente no centro comercial El Mirador, xunto á estación de Santa Justa. Esta nova tenda supuxo un investimento de 3,9 millóns de euros. Na súa construción participaron 15 provedores, que deron emprego a 120 persoas durante a fase de obras.

Unha das novidades desta tenda é a sección “Listo para Comer”, que conta con pratos listos para consumir. As diferentes opcións sérvense en envases fabricados con materiais naturais, como a cana de azucre (material compostable), o cartón ou o papel.

Entre outras melloras, esta tenda conta cunha nova entrada con dobre cristal que evita correntes de aire, uns corredores máis amplos, unha área de descanso na propia tenda con cadeiras e mesas onde os “Xefes” (como a compañía chama aos clientes) poden consumir o prato acabado de preparar e acompañalo con bebidas frías.

O supermercado de El Mirador ten unha superficie de sala de vendas de 1.628,56 metros cadrados e dispón dun deseño totalmente renovado respecto ao modelo de tenda anterior, con novas cores e materiais, tanto na fachada exterior de acceso como na distribución das diferentes seccións. Aposta tamén por espazos amplos e diáfanos, que facilitan a entrada de luz natural, e cores cálidas na delimitación dos distintos ambientes. Conta, así mesmo, con aparcadoiro propio, en réxime rotatorio, con 283 prazas de aparcadoiro, repartidas en dúas plantas.

Aforro enerxético: tenda ecoeficiente

En canto ao aspecto medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir ata un 40 % o consumo enerxético respecto ao modelo de tenda convencional, como a mellora do illamento térmico e acústico coa optimización dos materiais e o grosor de paredes e teitos, e novos mobles de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosos co medio ambiente. Ademais, conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo as zonas e os momentos do día para unha xestión enerxética moito máis eficiente.

Con esta nova apertura, os clientes beneficiaranse da súa coñecida política comercial SPB (Sempre Prezos Baixos), que a compañía utiliza de maneira exclusiva e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Así, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes, con independencia de quen fabrique o produto, unha selección eficaz coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.

Tecnoloxía e ergonomía para os traballadores

Adicionalmente, co obxectivo de facilitar as tarefas diarias dos traballadores, este novo modelo de supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar sobreesforzos. Por exemplo, o novo moble de caixa  desenvolveuse en colaboración co Instituto de Biomecánica de Valencia. A tenda tamén dispón de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de descanso, así como un comedor máis equipado e uns armarios persoais máis amplos e cómodos.

Ademais, esta nova tenda eficiente está completamente conectada tecnoloxicamente, mediante a integración dunha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaborativas para os traballadores, cos que se pode compartir información dende calquera sección da tenda; isto facilita a autoxestión de cada supermercado e axiliza os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos, encóntranse, entre outros, a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar xestións administrativas. Todo iso permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, o que facilita a toma de decisións e contribúe a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos.

Mercadona en Sevilla

Con esta apertura, Mercadona culmina a expansión e a mellora da súa rede de tendas durante 2023 na provincia de Sevilla. Neste exercicio, a compañía destinou 17,5 millóns de euros á ampliación e á modernización dos seus supermercados para avanzar na implantación do seu novo modelo de tenda eficiente.

En concreto, reformou dúas tendas na provincia, a do barrio sevillano de El Cerro e a do centro comercial Alcalá Plaza, de Alcalá de Guadaíra. Ademais, abriu un novo supermercado en Camas, polo peche dunha tenda que xa non cumpría cos estándares da cadea, e por último esta nova apertura de Sevilla capital.

En total, a compañía conta con 71 supermercados en Sevilla (capital e provincia), dos que 58 xa responden ao novo modelo de tenda eficiente, e un cadro de persoal que supera as 4.400 persoas con emprego estable e de calidade. As compras a provedores da provincia superaron os 900 millóns de euros no último exercicio.

Fachada tenda Mercadona en Santa Justa (Sevilla)Fachada do supermercado Mercadona no centro comercial El Mirador de Santa Justa en Sevilla.