Hábitos de compra e consumo 2020

Resultados da ‘Enquisa Sobre Hábitos de Consumo 2020’

26 de novembro de 2020
  • Esta enquisa baséase na participación de 3.500 familias de toda España.
  • A Mesa de Participación de Asociacións de Consumidores (MPAC) é un grupo de traballo formado por Mercadona xunto ás Confederacións e Federacións de asociacións e usuarios CECU, FUCI, UNAE e CAUCE.
  • Os resultados desvelan que o consumidor “postcovid-19” aproveita un 12 % máis a comida, redúcese a proporción dos que manteñen hábitos saudables e aumenta a compra en liña.

A Mesa de Participación de Asociacións de Consumidores (MPAC) presentou os resultados da 'Enquisa Sobre Hábitos de Consumo 2020' na que participaron 3.500 familias de todo o territorio nacional. A sondaxe foi realizada polo grupo de traballo formado polas Confederacións e Federacións de asociacións de consumidores e usuarios CECU, FUCIUNAE e CAUCE, xunto con Mercadona.

Aínda que o desperdicio alimentario segue preocupando aos 93 % dos enquisados, a chegada da Covid-19 está supoñendo moitos cambios nos hábitos de compra e consumo da poboación. Ademais de planificar mellor a compra, reutilizar alimentos e reducir a cantidade de racións, a sondaxe revela os novos datos correspondentes ás 4 áreas analizadas: Hábitos de Compra e Consumo; Decisión de compra, factores e novas tendencias; Etiquetaxe dos alimentos e Hábitos saudables; e Responsabilidade Social nos hábitos de compra.

Resultados Enquisa Sobre Hábitos de Consumo 2020

Descargar

 

Menor interese pola etiquetaxe

Algo máis da metade dos enquisados séntense desinformados en materia de alimentación e gran consumo a pesar de que as fontes de consulta se diversifican. Así mesmo, diminúe a porcentaxe de consumidores que buscan información nas etiquetas e crece de novo, considerablemente, a dos que ‘Non buscan información’ (13 %).

Redúcese a percepción de manter hábitos saudables

O consumidor medio outorga unha importancia fundamental á alimentación, tanto de maneira illada como en sinerxía con outras cuestións. Máis do 90 % dos enquisados é consciente da importancia do binomio alimentación e saúde. Non obstante, case un 21 % da poboación non está seguro de se os seus hábitos son saudables ou non. A proporción dos que o saben, ademais, non deixa de minguar ano tras ano: do 75 % de 2017 ao 68 % de 2018 e 2019 e ao 67 % en 2020.

Case un 9 % estrea o comercio en liña

Segundo os datos que recolle a enquisa, durante o período de confinamento máis do 80 % saíu persoalmente para adquirir alimentos e produtos de primeira necesidade e un 8,9 % comezou a utilizar o comercio en liña. Este novo hábito, adquirido por necesidade, consolidouse nun 6 % dos consumidores enquisados.

Sobre a MPAC

A Mesa de Participación (MPAC) é un foro de debate e grupo de traballo formado polas Confederacións e Federacións de asociacións de consumidores e usuarios CECU, FUCI, UNAE e CAUCE xunto con Mercadona. Fundada en 2014, reúnese periodicamente co fin de debater sobre temas de actualidade, novas tendencias e hábitos de consumo e co obxectivo de propoñer solucións conxuntas no ámbito do consumo e de establecer lazos de unión entre a administración, os consumidores e o ámbito empresarial.

Logo EActiVate