Cartel informativo sobre o Anisakis

Que medidas aplicar para previr o Anisakis

15 de xaneiro de 2018
  • O Ministerio de Sanidade recomenda cociñar ou conxelar o peixe antes de o consumir ao comer o peixe cru ou sometido a preparacións que non matan o parasito.
  • O Anisakis é un problema xeral do peixe, non é un problema do peixe de Mercadona.
  • Mercadona e os seus fornecedores de peixe dispoñen de medidas preventivas  e mais de control para minimizar a presenza do Anisakis.
  • O peixe de Mercadona que se encontra con Anisakis retírase da venda.
  • Se os nosos clientes encontran Anisakis nun peixe de Mercadona poden acudir á súa tenda máis próxima para o seu cambio ou devolución.

A anisaquíase só se pode contraer ao comer peixe que conteña o parasito vivo, e soamente se este peixe está cru ou insuficientemente cociñado. A lexislación europea e mais a española obrigan a garantir que os produtos de pesca á venda, quer para seren consumidos en cru quer para o seren minimamente cociñados, teñan sido previamente conxelados polo que o risco é practicamente nulo.

Tal e como sinala na súa web a Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (AECOSAN) do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, pódese comer peixe fresco ben cociñado sen se preocupar pola anisaquíase.

É dicir, como apunta a AECOSAN, comer peixe é seguro, para alén de recomendable para unha dieta equilibrada.

Seguridade e Calidade do peixe de Mercadona

En Mercadona dispoñemos dun método de auto-control segundo o que revisamos o peixe antes de o vender.

O peixe de Mercadona que se encontra con Anisakis retírase da venda. Do mesmo xeito, se os nosos clientes encontran un produto con Anisakis pódeno cambiar ou devolver na súa tenda máis próxima.

Alén diso, os fornecedores de peixe de Mercadona tamén teñen implantadas as súas medidas de control e prevención de Anisakis.

peixe de Mercadona pode presumir de ofrecer unha gran frescura, o mellor prezo e variedade. Isto débese a traballarmos con fornecedores especialistas en peixe así como con 12.000 pescadores de varias rulas de toda a costa española. Por iso podes encontrar peixe fresco en Mercadona acotío, directo do mar á tenda en menos de 24 horas.

Ademais, todo o peixe de Mercadona é sustentable grazas á política de pesca que garante a sustentabilidade dos produtos pesqueiros á venda na Peixería de Mercadona.

Previr e evitar os problemas do Anisakis

  • Compra o peixe limpo e sen vísceras (sen tripas). Se non o está, elimina as vísceras o antes posible. Podes pedirlle ao noso persoal da Peixería que o limpe de vísceras.
  • As preparacións tradicionais do peixe (cocción, fritura, enfornado, grella) eliminan o parasito. Estas preparacións tradicionais permiten chegar aos 60° C de temperatura en toda a peza, durante polo menos 1 minuto, para atinxir unha total seguridade.
  • Se comes o peixe cru ou insuficientemente cociñado, a conxelación previa é o procedemento máis eficaz para inactivar o parasito.
  • Para poderes conxelar na casa, o teu frigorífico debe alcanzar unha temperatura de – 20º C ou inferior e manter o produto conxelado durante 5 días. Esta temperatura só a atinxen frigoríficos de tres estrelas (***) ou máis.
  • Se o teu frigorífico ten menos de tres estrelas merca o peixe xa conxelado.

Produtos sen risco de Anisakis aínda que se consuman en cru

  • As ostras, mexillóns, ameixas, cadeluchas e demais moluscos bivalvos.
  • Os peixes de augas continentais (ríos, lagos, pantanos...) e piscifactorías de auga doce. Este é o caso, entre outros, de troitas e carpas.
  • As semiconservas como as de bocarte (en envase metálico, de vidro ou outras presentacións).
  • Os peixes desecados salgados como o bacallau ou as moxamas.

Preparacións de peixe cru ou practicamente cru que se deben conxelar previamente para evitar o Anisakis

  • Bocareus en vinagre e outros peixes en escabeche, sashimi, sushi, carpaccios e outras especialidades a base de peixe cru.
  • Peixe mariñado, por exemplo cebiches.
  • Míllaras de peixe só se están crúas ou practicamente crúas.
  • Arenques e outros peixes crus preparados en salmoira ou lixeiramente salgados.
  • Peixes mariños sometidos a afumado en frío.

Se preparas na casa pratos a base de peixe cru ou practicamente cru, cómpre conxelalos previamente. Se mercas o producto xa elaborado, o fabricante indica que ten sido sometido a proceso de conxelación previo. En Mercadona indicámolo na etiquetaxe.