Vaca pacendo nun dos campos do provedor de Mercadona Explotacións Pons Marín

Procedencia do leite de Mercadona

10 de maio de 2018
  • O 100% do leite Hacendado é de orixe nacional. Ademais, máis do 90% dos produtos lácteos Hacendado, como queixo ou iogures, fabrícanse en España.
  • Mercadona cómpralle leite a máis de 3.000 gandeiros de toda España para a venda de leite Hacendado ou para a fabricación de queixo e iogures da mesma marca.

Na súa aposta polo sector lácteo, toda o leite Hacendado é de orixe nacional. Para a venda de leite Hacendado ou para a fabricación de queixos e iogures Hacendado, os interprovedores ou provedores especialistas lácteos de Mercadona abastécense de máis de 3.000 gandeiros de diferentes zonas de España.

Co obxectivo de desenvolver unha Cadea Agroalimentaria Sostible co sector lácteo nacional, a colaboración cos gandeiros baséase na estabilidade, na proxección de futuro, na seguridade na compra e na especialización.

Leite 100% orixe nacional

Mercadona é asinante do Acordo para a estabilidade e sostibilidade do sector lácteo e do programa Produtos Lácteos Sostibles (PLS), ambos impulsados polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA), cos que se contribúe a poñer en valor a orixe nacional do leite e se fomenta o consumo de produtos lácteos como, por exemplo, a través do seu apoio á campaña Lácteos de aquí cada día mediante diversas accións de difusión en redes sociais nos últimos anos.

Esta é unha mostra máis de que Mercadona segue desenvolvendo o seu proxecto de Cadea Agroalimentaria Sostible (CASPOPDONA) que persegue acometer a modernización da súa cadea agroalimentaria, obxectivo para o que durante todo este tempo un dos factores clave foi estreitar vínculos cos sectores agrícola, pesqueiro e gandeiro nacionais. Para iso, Mercadona colabora con 8.600 agricultores, 5.200 gandeiros e 12.000 pescadores. Dispoñer dunha Cadea Agroalimentaria Sostible permítelle a Mercadona reforzar unha oferta eficaz ao dispoñer dos mellores provedores do seu sector: provedores cada vez máis locais e especialistas.

Ademais, a aposta de Mercadona polo sector lácteo nacional foi constante. Xa no ano 2012 Mercadona decidiu pagar 2,5 céntimos máis por litro de leite, sen repercutir no prezo do consumidor final, para beneficiar os gandeiros nacionais que subministran o leite Hacendado. En 2015, Mercadona e os seus provedores lácteos tamén subiron o prezo do leite aos seus gandeiros no seu compromiso coa sostibilidade do sector.

Calidade do leite Hacendado

O leite de Mercadona é un produto de gran calidade. Ademais, foi recoñecido en varias ocasións por consumidores entre os mellores leites do noso país.