Nova tenda ecoeficiente de Mercadona en Vigo (Pontevedra)

Pontevedra - Mercadona abre un novo supermercado ecoeficiente en Vigo

30 de novembro de 2023
  • Ten unha superficie de venda de 1.520 metros cadrados e un aparcadoiro de 75 prazas, 2 delas para vehículos eléctricos.
  • Para a nova tenda, que dará emprego a 45 persoas, realizáronse 30 contratacións novas.
  • A obra, na que participaron 50 provedores e empregou a 70 persoas na fase de obras, supuxo un investimento de 1,8 millóns de euros.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, abre un novo supermercado eficiente en Vigo, Pontevedra, concretamente entre a rúa Marqués de Valterra e a rúa Jacinto Benavente. Supuxo un investimento de máis de 1,8 millóns de euros e a participación de 50 provedores, que deron emprego a 70 persoas durante a fase de obras.

O supermercado de Vigo, que ten unha superficie de vendas de 1.520 metros cadrados, incorpora a sección “Listo para Comer”. Nela os “Xefes” (clientes) poderán gozar de bebidas frías e pratos listos para consumir servidos en envases fabricados con materiais naturais, como a cana de azucre (material compostable), o cartón ou o papel.

A tenda conta cun aparcadoiro de 75 prazas (2 delas para vehículos eléctricos) e dispón, entre outras melloras, dunha nova entrada con dobre cristal que evita correntes de aire, uns corredores máis amplos ou unha área de descanso con cadeiras e mesas onde os “Xefes” poden consumir o prato acabado de preparar e acompañalo con bebidas frías.

Con esta inauguración, dos 61 supermercados de Mercadona en Galicia xa son 52 os que teñen implantado este modelo eficiente. Trátase de tendas que contan con espazos máis amplos e diáfanos, que facilitan a entrada de luz natural, ademais de novas cores e materiais tanto na fachada exterior de acceso como na distribución das distintas seccións.

Aforro enerxético e redución de dióxido de carbono

En canto ao aspecto medioambiental, tomáronse varias medidas que permiten reducir ata un 40 % o consumo enerxético respecto ao modelo de tenda convencional, como a mellora do illamento térmico e acústico coa optimización dos materiais e o grosor de paredes e teitos ou novos mobles de conxelado más eficientes. Conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo as zonas e os momentos do día para unha mellor xestión enerxética.

Co obxectivo de facilitar as tarefas diarias dos traballadores (45 en total, dos que 30 son postos de nova creación), este novo supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar sobreesforzos. Por exemplo, o novo moble de caixa desenvolveuse en colaboración co Instituto de Biomecánica de Valencia. A tenda tamén dispón de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de descanso.

Mercadona en Galicia

Mercadona conta con 61 tendas en Galicia e un cadro de persoal de 2.661 persoas con emprego estable e de calidade. Durante 2022 realizou compras a provedores galegos por valor de 1.641 millóns de euros e investiu na comunidade 22,4 millóns de euros.

Dentro do seu plan de acción social, Mercadona desenvolve un importante labor de apoio ás diferentes entidades sociais que axudan aos colectivos máis desfavorecidos; isto traduciuse durante o último ano en 2.496 toneladas de produtos de primeira necesidade doados a comedores sociais e outras institucións galegas como Bancos de Alimentos, comedores sociais ou Cáritas, que, ademais, supón un 22 % máis con respecto ao ano anterior. Dende este supermercado, a compañía doará a diario ao Banco de Alimentos de Vigo produtos de primeira necesidade, como carne, froita, verdura, peixe ou lácteos, que son aptos para o seu consumo, pero non para a venda e contribuirá, desta forma, ao labor solidario que a entidade desenvolve na comarca.

Listo para Comer Mercadona Vigo (Pontevedra)Sección de Listo para Comer en Mercadona de Vigo (Pontevedra).

Nova tenda ecoeficiente de Mercadona en Vigo (Pontevedra)Entrada do novo supermercado ecoeficiente de Mercadona en Vigo (Pontevedra).