Nova sección de peixería do supermercado Carretera de Onda en Vila-real, Castellón.

Peixe de Mercadona: variedade, prezo e máxima frescura

02 de agosto de 2017
  • O peixe de Mercadona pode presumir dunha gran frescura, variedade e prezo grazas ao feito de traballarmos con fornecedores especialistas e 12.000 pescadores de varias rulas de toda a nosa costa, ás que lles mercamos peixe fresco acotío.
  • Ofrecemos peixe da rula en Mercadona directo do mar á tenda, en menos de 24 horas.

Na sección da Peixería de Mercadona podes encontrar gran variedade de peixe: 

- Peixe de tempada. Aproveitamos o mellor momento de cada peixe para ofrecermos a mellor calidade ao menor prezo posible. Por exemplo, bonito, sardiñas ou bocareus no verán, pescada na primavera (de abril a xullo) ou bacallau no inverno (de xaneiro a marzo).

- Peixe branco e azul.

- Marisco de cuncha. Ofrecemos deliciosos mexillóns, ameixas, chirlas e berberechos.

- Marisco crustáceo. Dispoñemos de lagostinos, gambas e gambas vermellas arxentinas.

- Cefalópodos.Tamén podes encontrar luriñas, polbo, chocos ou luras.

Ademais, os nosos clientes teñen ao seu dispor entre o peixe de Mercadona:

- Peixe fresco da Rula. Ofrecemos produtos pesqueiros locais de gran calidade e frescura.

- Servizo de bandexeiro. Peixe fresco de gran calidade preparado en bandexa, mantendo todas as súas cualidades, xa limpo e listo para o seu cociñado e consumo.

- Especialidades de Sushi. Elaboradas acotío (de momento dispoñible só nalgunhas tendas).

- E Bacallau salgado a granel en Semana Santa ou Nadal.

Peixe Fresco da Rula en Mercadona

Na sección de Peixe de Mercadona podes encontrar peixe fresco da rula con independencia de onde se encontre a túa tenda. Isto é posible grazas ao traballo conxunto con 12.000 pescadores do sector primario español e á eficiente loxística de Mercadona, que permite ofrecer nos nosos supermercados peixe fresco de proximidade directo do mar á tenda en menos de 24 horas, con independencia de que a túa tenda fique máis ou menos próxima da costa.

Todo isto permite ofrecerlles aos nosos clientes un peixe fresco, variado e ao mellor prezo.

Para alén diso, Mercadona dispón xunto aos seus fornecedores dunha política de pesca sustentable para garantirmos a sustentabilidade dos produtos pesqueiros que poñemos á venda.

 

*A dispoñibilidade do peixe no teu supermercado depende das capturas, a tempada e o período de veda de cada peixe.

Imaxe de cabeceira: Sección da Peixería do supermercado da Carretera de Onda en Vila-real, Castellón.