Patacas de Mercadona no lineal de froita e verdura dun supermercado

Patacas de proximidade

03 de xullo de 2018
  • As patacas de Mercadona proceden de produtores locais de varios puntos de España.
  • Na campaña de 2017, a compañía comprou 150.000 toneladas de patacas de proximidade.

Dende abril-maio e ata outubro-novembro, Mercadona está en campaña de patacas de proximidade en todas as súas tendas de España. Durante esta tempada as patacas proceden de Castela e León, Comunidade Valenciana, Rexión de Murcia, Castela-A Mancha, Andalucía, Comunidade de Madrid, A Rioxa, Asturias, Euskadi, Galicia, Baleares e Canarias.

As patacas de Mercadona pódense atopar na sección de Froita e Verdura tanto a granel como en mallas de 3 e 5 kg de pataca branca e 2 kg de pataca vermella.

A campaña de patacas de Mercadona pechou 2017 cun total de 150.000 toneladas de patacas compradas a provedores españois, un 18% máis que a campaña anterior. Para esta campaña, Mercadona prevé comprar 157.000 toneladas de patacas de proximidade.

As patacas de Mercadona cultívanse en campos de varias zonas de EspañaOrixe das patacas de Mercadona.

Como funciona a campaña de patacas de Mercadona

A partir dos meses de abril e maio, dependendo da tempada, Mercadona comeza a ofrecer na súa sección de froita e verdura patacas de proximidade. A campaña esténdese ata outubro ou novembro, en función da produción. Así, o 80% do total de patacas de Mercadona cultívanse en distintas zonas de España.

Dependendo da tempada, só entre os meses de outubro-novembro a abril-xuño Mercadona importa patacas doutros países porque a produción é insuficiente ou esta non se axusta ao que nos solicitan os nosos clientes.

Trabajador colocando una bolsa de patatas de Mercadona en el lineal de fruta y verdura de un supermercado

Produtos de proximidade en Mercadona

Dentro da Cadea Agroalimentaria Sostible de Mercadona, cuxo obxectivo é lograr o crecemento compartido e a sostibilidade na súa relación co sector primario, a compañía colabora con 8.600 agricultores, 12.000 pescadores e 5.200 gandeiros españois.

Coa aposta polas patacas españolas en Mercadona, a compañía súmase á iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación "Froita e Verdura de aquí e de agora" que recomenda o consumo de froita e verdura de xeito regular xa que as froitas e verduras, pola súa calidade, sabor e variedade, achegan vitalidade ao organismo.

Outras recomendacións

A pataca é un dos ingredientes básicos da cociña. Trátase dunha hortaliza que destaca pola súa versatilidade e a gran variedade de opcións para cociñala.