Fachada Mercadona no Barco de Valdeorras

Ourense - Mercadona inaugura unha nova tenda eficiente no Barco de Valdeorras

20 de maio de 2020
  • A compañía, consciente da importancia de dar resposta ás necesidades dos “Xefes” (clientes) durante a excepcional situación actual, continua o seu plan inversor para implantar o Novo Modelo de Tenda Eficiente, que contempla novidades e melloras a nivel medioambiental, tecnolóxico e de servizo.
  • A nova tenda, que xerou 30 novos postos de traballo estables e de calidade, supuxo unha inversión de 3 millóns de euros e na súa construción participaron 60 provedores, que deron emprego a máis de 350 persoas durante a fase de obra.

Mercadona inaugura hoxe un novo supermercado eficiente no Barco de Valdeorras (Ourense), concretamente na Avda. de Galicia, xunto ao campo de fútbol. Este supermercado, que abre co Novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona, supuxo unha inversión de 3 millóns de euros e a participación de 60 provedores que deron emprego a máis de 350 persoas durante a fase de obra. Con esta apertura, Mercadona conta en Galicia cun total de 58 supermercados.

O Novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona reforza a excelencia no servizo e optimiza o acto de compra dos seus clientes, con melloras enfocadas tanto aos “Xefes” (clientes) como aos traballadores, os provedores e a sociedade. Para iso, este novo supermercado con novidades en todas as súas seccións, algunhas das cales, como a sección Listo para Comer, a chacinería de xamón ao corte ou o servizo de zume de laranxa acabado de espremer, volverán estar operativas cando as circunstancias excepcionais que actualmente estamos vivindo o permitan, en cumprimento das normativas sanitarias e recomendacións para garantir a seguridade de clientes e traballadores.

Ademais, o supermercado dispón, entre outras melloras, dunha nova entrada con dobre acristalado que evita correntes de aire, uns corredores máis amplos e un novo modelo de carro da compra e un novo modelo de carro tipo cesta moito máis ergonómicos e lixeiros.

Esta nova xeración de supermercado eficiente conta cunha superficie de sala de vendas de 1.800 metros cadrados e dispón dun deseño totalmente renovado respecto ao anterior modelo de tenda con novos materiais e cores, tanto na fachada exterior de acceso ao supermercado como na distribución das distintas seccións. Así mesmo, aposta por amplos espazos diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidas na delimitación dos distintos ambientes.

Tecnoloxía e Ergonomía para as traballadoras e traballadores de Mercadona

Adicionalmente, co obxectivo de facilitar as tarefas diarias dos traballadores, este novo supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar sobreesforzos. Por exemplo, o novo moble de caixa de Mercadona desenvolveuse en colaboración co Instituto de Biomecánica de Valencia. A tenda tamén dispón de zonas comúns para que os empregados desfruten dunha maior comodidade nos seus momentos de descanso, así como un comedor máis equipado e uns armarios con chave persoais máis amplos e cómodos.

Ademais esta Nova Tenda Eficiente de Mercadona está completamente conectada tecnolóxicamente, mediante a integración dunha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaborativas para os traballadores, cos que poder compartir información dende calquera sección da tenda; o que facilita a autoxestión de cada supermercado e axiliza os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos, atópanse, entre outros, a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen ao papel para realizar xestións administrativas. Todo isto permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, o cal facilita a toma de decisións e contribúe a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos.

Aforro enerxético: tenda ecoeficiente

A nivel medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir ata un 40% o consumo enerxético respecto ao modelo de tenda convencional, debido á mellora do illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor de paredes e teitos e con novos arcóns de conxelado máis eficientes enerxéticamente e respectuosos co medioambiente. Ademais, conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo zonas e momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente.

Con esta nova apertura, os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa coñecida política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), que a compañía utiliza de forma exclusiva e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Así, Mercadona pode ofrecer aos seus clientes, con independencia de quen fabrique o produto, un surtido eficaz coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.

No centro Alfredo García, alcalde do Barco de Valdeorras e Mariña Rivas, xerente de RREE de Mercadona en Galicia, durante a visita realizada á tendaNo centro Alfredo García, alcalde do Barco de Valdeorras e Mariña Rivas, xerente de RREE de Mercadona en Galicia, durante a visita realizada á tenda.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará