Mapa Provedores de Snacks Mercadona

Os provedores especialistas de snacks de Mercadona aceleran investimentos ata os 28 millóns de euros

13 de outubro de 2020
  • A aposta de Mercadona pola innovación industrial nas zonas onde está presente leva aos provedores especialistas a incrementar os seus lanzamentos de produtos e á busca de novas solucións.
  • As empresas incrementaron o cadro de persoal, evitaron facer ERTEs durante a Covid-19, executaron investimentos e aumentaron a facturación ata duplicala en varios dos casos.
  • As empresas Tosfrit, APEX, Leng d‘Or, Liven, Rubio Snacks, Cumba, Grefusa e Ibersnacks.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, na súa aposta constante pola industrialización das zonas onde está presente continúa desenvolvendo a oferta cos provedores especialistas de snacks. Actualmente, e co obxectivo de continuar innovando e modernizando as súas instalacións, os provedores especialistas de snacks de Mercadona teñen previsto acelerar os seus investimentos ata os 28 millóns de euros para continuar ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) mellores produtos e unha maior selección.

Das oito firmas subministradoras, a que maior desembolso ten previsto efectuar é Leng d‘Or. A produtora de snacks barcelonesa de Castellbisbal planificou un investimento total para este ano de 18 millóns de euros. Ao mesmo tempo incrementou o seu cadro de persoal en 25 persoas, chegando a 300. Leng d‘Or incorporouse á oferta de Hacendado con Trigo Snacks en 2019, pero agora está previsto que achegue á oferta novos produtos nos próximos meses.

Liven, compañía con 285 traballadores situada en Berga (Barcelona), comezou a traballar en xullo as Tiras de Millo e ten previsto un investimento, entre diferentes liñas de produción, de 5,2 millóns de euros para este ano, que xa está executado nun 50%.

Por outra parte, Tosfrit (Tostados y Fritos, SA), fabricante especialista de aperitivos situado en Manzanares (Ciudad Real), está inmersa nun proceso de ampliación e mellora de instalacións que vai supoñer un investimento de 3,5 millóns de euros en 2020. A empresa xa abastecía a Mercadona dende 2019 e agora incrementou a súa facturación anual en 5 millóns de euros. A decisión de adiantar a súa incorporación como provedor para unha maior oferta permitiulle evitar a aplicación dun expediente de regulación de emprego temporal (ERTE) durante a pandemia da Covid-19 que afectaría a 30 traballadores dun cadro de persoal de 150 empregados.

Grupo APEX (Aperitivos y Extrusionados, SA), a través da súa empresa vinculada Alimentos Sanygran, S.L., fabricante situado en Ribaforada (Navarra), acometerá un investimento de 1,5 millóns de euros tras reforzar a súa relación con Mercadona ata ofrecer catro referencias, tras catro anos de relación, o que suporá a consolidación de ata 12 postos de traballo na súa planta de Navarra.

A empresa alzireña Grefusa (Valencia) continúa traballando tamén tres referencias no lineal. Por outra parte, á oferta de aperitivos uniuse Rubio Snacks, de Bullas (Murcia), que duplicou a súa facturación nos últimos tres anos ata os 11 millóns, e Cumba, fabricante canario de Gran Canaria (Las Palmas), que achega catro variedades de aperitivos.

Ibersnacks, provedor especialista con sede en Medina del Campo (Valladolid), continua o seu proceso de internacionalización tras a decisión en 2018 de unirse ao grupo europeo Europe Snacks, o que lle permitiu acceder a máis mercado e empezar a vender os produtos actuais de Mercadona a distintos distribuidores dentro e fóra de España.   

Mapa Provedores de Snacks MercadonaMapa Provedores de Snacks Mercadona.

Logo EActiVate