Liña de produción de Wecolors en Vilassar de Dalt, Barcelona

Os provedores especialistas de perfumería de Mercadona invisten 5 millóns de euros

23 de novembro de 2020
  • A aposta de Mercadona pola innovación industrial nas zonas onde está presente, leva aos provedores especialistas a mellorar os seus produtos e á busca de novas solucións.
  • En moitas destas empresas, incrementaron o cadro de persoal, executaron investimentos e melloraron os procesos para facelos máis respectuosos co medio ambiente.
  • As empresas Jesús Gómez, Wecolors e RNB reforzan o investimento con novidades e melloras nos seus produtos.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, na súa aposta constante pola industrialización das zonas onde está presente, continúa desenvolvendo a súa oferta con provedores especialistas en perfumería. Actualmente, e co obxectivo de continuar innovando e modernizando as súas instalacións, os provedores especialistas en perfumería da compañía teñen previsto investir aproximadamente 5 millóns de euros no momento do peche de 2020 para continuar ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) os mellores produtos.

No caso de RNB, provedor totaler situado en La Pobla de Vallbona (Valencia) con quen a compañía leva máis de 25 anos colaborando, destaca o investimento de 2 millóns de euros destinados principalmente á reformulación, investigación e produción da súa oferta, que está centrada na categoría facial, corporal e fragrancias. Así mesmo, destaca que para a campaña de Nadal, a compañía creou 40 novos postos de traballo estables e de calidade. Entre as súas últimas novidades, destaca o lote para muller Soplo Intense que contén perfume, leite corporal e neceser maletín.

Jesús Gómez, especialista en fragrancias e situado en Rafelbuñol (Valencia), xerou 7 novos postos de traballo estables e de calidade, e realizou un investimento de case 1 millón de euros na mellora en refrixeración e automatización, en melloras para o medio ambiente coa substitución de compresores de absorción e caldeira térmica por un sistema de planta arrefriadora reducindo así as emisións de CO2, e na mellora no proceso de xestión de residuos con novas compactadoras. Todos estes esforzos, encamiñados sempre a reforzar a calidade da súa oferta, onde destacan as colonias en miniatura, como a fragrancia para mulleres Flower Boom, ou a de homes Mistery.

En canto a cosméticos, destaca o fabricante Wecolors de Vilassar de Dalt (Barcelona) cun investimento de máis de 2 millóns de euros no desenvolvemento da campaña de Nadal 2020-2021. Xunta as mellores fórmulas de cosmética de cor coas máis innovadoras solucións de envases, especialmente nesta colección. Como novidade, destaca a paleta de rostro e ollos intercambiable Supreme Deliplus, que contén sombras de ollos, iluminadores faciais, unha paleta interior intercambiable de viaxe, un folleto con looks inspiradores e unha tapa-espello.

Liña de produción de Jesús Gómez en Rafelbuñol, ValenciaLiña de produción de Jesús Gómez en Rafelbuñol, Valencia.

Liña de produción de Wecolors en Vilassar de Dalt, BarcelonaLiña de produción de Wecolors en Vilassar de Dalt, Barcelona.

Liña de produción de RNB en La Pobla de Vallbona (Valencia)Liña de produción de RNB en La Pobla de Vallbona (Valencia).

Lineal da Perfumería de MercadonaLineal da Perfumería de Mercadona.

Logo EActiVate