Mercadona

Os interfornecedores de Mercadona: xeración de industria e emprego en España

03 de xuño de 2016
  • Mercadona conta con 125 interfornecedores fabricantes que conforman un clúster industrial de 47.100 traballadores e máis de 240 fábricas en toda España.

Mercadona conta con 125 interfornecedores fabricantes que conforman un clúster industrial de 47.100 traballadores e máis de 240 fábricas en toda España.

Mercadona, xunto aos interfornecedores e fornecedores especialistas cos que traballa, leva anos a apostar pola xeración dunha industria eficiente e competitiva no noso país.

Grazas a este esforzo conxunto, a compañía conseguiu impulsar durante os últimos anos un importante clúster industrial en España, composto por 47.100 traballadores, máis de 240 fábricas e a creación de 26.000 postos de traballo directo nos últimos oito anos.

No exercicio 2015, os interfornecedores de Mercadona investiron 525 millóns de euros e xeraron 67 novas fábricas e liñas de produción en España. A iso hai que sumar os máis de 2.000 fornecedores comerciais e de servizos e as 20.000 pemes locais e produtores de materias primas coas que Mercadona tamén colabora. Un proxecto, en definitiva, que aposta pola produtividade, a innovación, a optimización de recursos e a eficiencia nos procesos, a orixe española dos produtos e a xeración de riqueza e emprego no noso país. 

Aposta polos produtos españois en Mercadona

Mercadona mantén desde hai anos o compromiso de, sempre que sexa viable, utilizar materia prima de orixe nacional. En 2015 Mercadona realizou compras en España por valor de 15.393 millóns de euros, o que supón que máis do 85% do volume de referencias vendidas en Mercadona, quer nas seccións de frescos quer nas de secos, corresponde a produtos cultivados, pescados e elaborados en España.

Convenio Marco de Boas Prácticas Comerciais

Mercadona é unha das empresas asinantes de The Supply Chain Iniciative, o acordo voluntario europeo de boas prácticas na cadea agroalimentaria, impulsado por sete asociacións sectoriais e que conta co apoio da Comisión Europea.

Ademais, Mercadona mantén un modelo de relación baseado na confianza, na transparencia e no longo prazo cos seus fornecedores especialistas e interfornecedores. Como consecuencia xéranse vencellos estreitos que se reforzan, no seu caso, coa sinatura de acordos de boas prácticas de duración indefinida. Estes acordos son motor de sinerxias e de produtividade que contribúen a consolidar unha industria diferencial no noso país e que, á súa vez, contribúen a garantir o crecemento dun sector primario eficiente e especializado. 

Convenio Marco de Boas Prácticas Comerciais