Innovacións Mercadona

O transporte sostible a 3 temperaturas para a repartición a domicilio e a gama +Proteínas Hacendado, entre as grandes innovacións do consumo en España

18 de febreiro de 2020
  • O “Observatorio de Innovación en Gran Consumo” do Institut Cerdà recoñece diversos proxectos e boas prácticas innovadoras no sector alimentario español.
  • O proxecto piloto de camión eléctrico e a 3 temperaturas para a repartición a domicilio, e a gama de leite e batidos +Proteínas Hacendado foron recoñecidas como grandes innovacións do consumo en 2020.

O Institut Cerdà fixo públicas as innovacións do sector gran consumo en 2020, entre as que se encontran o proxecto piloto de camión eléctricos e a 3 temperaturas para a repartición a domicilio, así como a gama de leite e batidos +Proteínas Hacendado.

Por un lado, o transporte con camión eléctrico a 3 temperaturas, supón unha gran innovación que mellora a calidade e a sostibilidade no transporte a domicilio. A compañía, en colaboración cos provedores especialistas Maxus, Subiela e Thermo King, ten implementada unha proba piloto para a realización de entregas a domicilio mediante camión eléctrico de repartición con tres zonas de temperatura diferenciadas: produtos refrixerados, produtos conxelados e produtos a temperatura ambiente. Un equipo de frío alimentado por baterías 100% eléctricas dá servizo aos compartimentos para refrixerados e conxelados. Este tipo de camión forma parte da aposta da compañía polo transporte sostible para un maior respecto polo medio ambiente, garantindo igualmente a máxima calidade e servizo aos seus clientes.

Esta proba piloto para as entregas a domicilio supón para o Institut Cerdà un avance do sector en dous sentidos. Por un lado, achega valor engadido ao “Xefe” (cliente) ao garantir toda a cadea de frío e unhas condicións óptimas dos produtos ata a entrega final no fogar. E, por outro lado, mediante o uso deste transporte eficiente e sostible, diminúese o impacto ambiental.

Camión eléctrico a 3 temperaturas de repartición de MercadonaCamión eléctricos a 3 temperaturas de repartición de Mercadona.

Tamén foi recoñecida como gran innovación do sector consumo, a gama +Proteínas Hacendado fabricada polo Provedor Totaler Lactiber en León. Para o Institut Cerdà, trátase da primeira gama de produtos sen lactosa, con alta concentración de proteínas e conservable a temperatura ambiente dispoñible no Gran Consumo nacional. Os novos produtos agrúpanse en dúas categorías:

  • Bebida láctea +Proteínas Hacendado: batidos UHT listos para consumir enriquecidos con proteína de soro de leite, sen lactosa e sen azucres engadidos. Trátase da primeira bebida destas características conservable a temperatura ambiente desenvolvida en España. Os batidos, que se presentan en dous sabores (chocolate e vainilla), son baixos en graxa e hidratos de carbono e presentan altos niveis de vitamina B6.
  • Leite desnatado +Proteínas Hacendado: leite desnatado sen lactosa enriquecida con calcio e proteínas. A referencia preséntase en formato brick, xunto ao leite tradicional. Ofrece a metade de graxas saturadas, una lixeira redución de azucres, un 90% máis de proteínas e un 65% máis de calcio.

Parte da gama de leite e batidos +Proteínas HacendadoParte da gama de leite e batidos +Proteínas Hacendado.

Os resultados do “Observatorio de Innovación en Gran Consumo en España 2020” pode consultarse na páxina web do Institut Cerdà.