O ratio de éxito dos novos produtos innovadores por Mercadona e os seus interfornecedores é do 82% fronte ao 24% do sector

21 de novembro de 2016
  • "O valor da Innovación Conxunta", estudo realizado polo Institut Cerdà sobre un modelo de co-innovación sostido e exitoso de Mercadona cos clientes e os fabricantes, pon en destaque o poder da colaboración para dispor dun crecemento diferencial sostido nos alicerces da innovación.
  • O esforzo en innovación é 7 veces superior ao do sector, cun 96% de participación destas empresas fronte ao 13% das empresas españolas en xeral.
  • De 2012 a 2015, os 90 fabricantes interfornecedores analizados investiron 377,6 M€ no lanzamento de 580 novos produtos e na re-enxeñaría de 300 novos procesos.

Os fabricantes interfornecedores de Mercadona destinan máis recursos a impulsar a I+D+i que a media do sector de alimentación e bebidas, segundo o estudo  “O valor da Innovación Conxunta” realizado polo Institut Cerdà.

Após a análise das capacidades de innovación de 90 dos máis de 125 fabricantes  interfornecedores da compañía, o estudo sinala que o ratio de éxito dos novos produtos lanzados por Mercadona e os interfornecedores é do 82% fronte ao 24% do sector, segundo os últimos datos dispoñibles (Nielsen 2013).

Neste sentido, o estudo indica aínda que o persoal dedicado a I+D se incrementou nun 80% de 2012 a 2015, até representar o 2,84% do cadro de persoal medio, cifra que supón o duplo do sector de Alimentación e Bebidas, estimado polo INE en 1,09%. En total, os interfornecedores de Mercadona destinaron 1.094 persoas (investigadores, técnicos, etc.) a desenvolver máis de 350 liñas de I+D.

Do mesmo xeito, durante o período analizado (2012-2015) os interfornecedores de Mercadona participantes no estudo investiron 377,5 M€ en innovación (85,5 M€ en novos produtos e 292 M€ en novos procesos). Alén diso, rexistraron 27 patentes (88% de produto e 12% de procesos) e 51 marcas. De feito, a aposta pola innovación das ditas empresas é 7 veces superior á do sector, cun 96% de participación das mesmas fronte ao 13% das empresas españolas en xeral.

Neste sentido, o informe destaca que a aposta pola innovación se complementa cun alto nivel de investimento en infraestruturas que ascende a 882 M€ entre 2012 e 2015, o que supón un promedio de 5,41 M€ investidos por instalación; o 83%, froito do marco de relación con Mercadona.

580 novos produtos en 4 anos e un ratio de éxito do 82%

Entre 2012 e 2015, o 84% dos interfornecedores analizados polo Institut Cerdà realizaron innovacións de produto, cun investimento nesta área de 85,5 M€, 21,4 M€ de media ao ano. O dito investimento traduciuse no lanzamento de 580 novos produtos, dos que o 42% non existían previamente no mercado. Do mesmo xeito, o resto de esforzos centráronse na reformulación e a mellora continua de produtos xa existentes. O retorno económico deste esforzo innovador foi relevante na medida en que o impacto directo destas novas referencias foi só en 2015 de 725 M€, o que representa, de media, o 13% da cifra de negocio total dos interfornecedores analizados.

A innovación en produto repercutiu maioritariamente en melloras substantivas tanto en calidade como en seguridade alimentaria, melloras de experiencia de uso por parte do cliente, así como máis de 100 innovacións relacionadas co eco-deseño, entre outras. Este compromiso coa innovación traduciuse, paralelamente, nun elevado ratio de éxito por parte dos interfornecedores, como pon de manifesto o feito de que o 82% dos novos produtos introducidos entre 2012 e 2014 aínda permanezan nos andeis, fronte ao 24% do sector.

Salienta aínda que, do total de lanzamentos, un 23% foi por iniciativa propia e o resto, un 77%, en colaboración con Mercadona a través dos centros de co-innovación e das suxerencias dos clientes recibidas polo Servizo de Atención ao Cliente, entre outros.

O 82% dos produtos lanzados polos fabricantes interfornecedores entre 2012 e 2014 seguen no mercado ao cabo dun ano, comparado cunha media do 24% no sector (Nielsen).

347 innovacións en procesos para reforzar a eficiencia

Segundo recolle o Informe do Institut Cerdà, de 2012 a 2015, o 79% dos interfornecedores de Mercadona realizaron 347 innovacións de proceso (199 novos procesos de fabricación, 40 melloras en sistemas loxísticos e 108 melloras en procesos de apoio, como sistemas de xestión ou tecnoloxías de control). O investimento destinado foi de 292 M€ durante os 4 anos.

Nesta liña, as categorías máis innovadoras en procesos foron Alimentación Fresca e Seca, aínda que no ámbito loxístico foi moi relevante a innovación impulsada na categoría de Conxelados.

Segundo o estudo, a innovación en procesos achega múltiples vantaxes entre as que cómpre destacar unha maior eficiencia e rendimento dos equipos produtivos, así como o aliñamento coas normativas medioambientais, de saúde e seguridade.

Valoración do Modelo de Co-innovación por parte dos fabricantes interfornecedores

Mercadona y el institut CerdàDe esquerda a dereita, José Carlos Díez, Economista, Juan Antonio Germán, Director Xeral de Relacións Externas de Mercadona, Cristina Garmendia, Presidenta da Fundación Cotec, Yolanda Cerdà, Xerente de Venda polo Miúdo do Institut Cerdà, e Carlos Cabrera, Presidente do Institut Cerdà, após a presentación do estudo.   

Os interfornecedores analizados consideran que o Modelo de Co-innovación facilita un marco de estabilidade que permite centrar os esforzos en mellorar a gama de produtos existentes e sorprender o cliente con novos produtos. Do mesmo xeito, o modelo de colaboración cliente-fabricante-distribuidor permite coñecer mellor as necesidades do primeiro, o que se traduce nun maior grao de éxito, así como nun nivel organizativo máis eficiente co que se poden canalizar as demandas e as oportunidades do mercado de forma más áxil.

Segundo Yolanda Cerdà, Xerente de Venda polo Miúdo do Institut Cerdà, “a análise que realizamos pon de manifesto o compromiso que Mercadona e os seus interfornecedores manteñen coa innovación e acredita que o modelo de Mercadona proporciona un marco de colaboración ao longo da cadea de distribución que permite coñecer ao máximo as necesidades do cliente final e evolucionar as organizacións adoptando unha cultura de mellora continua”.

Juan Antonio Germán, Director Xeral de Relacións Externas de Mercadona, quixo agradecer á Fundación Cotec e á súa presidenta, Cristina Garmendia, “a oportunidade de presentar o estudo “O valor da Innovación Conxunta” neste foro da excelencia e a promoción da innovación como motor de desenvolvemento. Este estudo pon de manifesto a importancia que ten, en termos de innovación, a colaboración entre todas as partes da cadea: fabricantes, distribuidores e clientes. Inspirarnos co que os nosos ‘Xefes’ (como chamamos en Mercadona aos nosos clientes) nos din nos nosos centros de co-innovación e compartir ese coñecemento cos fabricantes interfornecedores, dános un gran potencial innovador. O mercado é complexo de máis para crer que unha empresa, por si mesma, pode levar a cabo innovacións tan exitosas como as que se relacionan neste estudo. É por iso que en Mercadona cremos no poder da colaboración, para dispormos dun modelo innovador diferencial dirixido a sorprender sempre os nosos ‘Xefes’ e que sume ás capacidades innovadoras xa existentes no noso sector”.

Ademais, a presidenta da Fundación Cotec, Cristina Garmendia, definiu a Mercadona como “un referente empresarial en moitos ámbitos, tamén no da innovación, unha das chaves do seu éxito no mercado”. Respecto ao informe, Garmendia agradeceu que a compañía compartise “xenerosamente” o seu modelo de innovación para servir de inspiración a outras organizacións. “É fundamental que os líderes empresariais do noso país sinalen o camiño da innovación ao conxunto da economía e da sociedade”, concluíu a presidenta da Fundación Cotec.

Do mesmo xeito, o economista José Carlos Díez destacou o efecto tractor que para a economía teñen os Interfornecedores e Mercadona, “factor que se viu patente neste estudo, onde a innovación, tanxible en produtos que os consumidores poñen na súa cesta da compra de cada día, é moi importante para a reindustrialización e a mellora da produtividade do noso sector industrial”.

 

 

O valor da innovación conxunta

Traballadores Dedicados I+D

Ratio Éxito Innovación Produto 

Interfornecedores Mercadona 2012-2015

Opinións dos interfornecedores de Mercadona

“A relación é mutuamente beneficiosa” “As regras do xogo son moi claras”, “Mercadona axúdanos na monitorización do mercado, chave para a innovación”,