Innovación Mercadona

O Centro de Coinnovación de El Jarro de Mercadona convértese nunha das principais innovacións do gran consumo en España

19 de febreiro de 2019
  • O Institut Cerdà valora este espazo como un “megacentro de innovación”, pioneiro no sector Gran Consumo en Europa, por innovar dende o cliente “cara a atrás”.
  • O estudo destaca tamén as Minibarriñas de Chocolate Hacendado, elaboradas polo provedor totaler Dulces Olmedo, por introducir no mercado unha alternativa saudable dentro da categoría de snacks de chocolate.

O Centro de Coinnovación de El Jarro de Mercadona , situado no municipio de Paterna (València) é, segundo o Observatorio de Innovación en Gran Consumo en España 2019, elaborado polo Institut Cerdà e presentado esta mañá na sede da Fundación Cotec (Madrid), unha das principais innovacións do seu sector. A segunda edición deste Observatorio, formado por un panel de expertos independentes, recoñece o labor en materia de innovación deste espazo, e destaca ademais produtos como as Minibarriñas de Chocolate Hacendado con crocante de sementes, fabricadas polo provedor totaler Dulces Olmedo, pola súa nova e saudable mestura de ingredientes.

Para o Institut Cerdà, o Centro de Coinnovación de El Jarro de Mercadona, posto en marcha a mediados de 2017 tras un investimento inicial de 3,5 millóns de euros, supón unha innovación no sector porque está ao servizo da innovación cunha visión “cara a atrás”, contando co cliente e co resto de elos da cadea. Sobre unha superficie de 5.700 metros cadrados, este espazo consta de varias dependencias, onde destaca a recreación dun supermercado con todos os produtos para realizar “laboratorios” (probas), e un conxunto de centros de coinnovación que reproducen unha cociña, asador e paelleiro e unha zona de limpeza.

Segundo o Observatorio, este espazo, único no sector Gran Consumo de Europa, destaca por conseguir crear “un espazo híbrido” onde os seus traballadores interactúan cos produtos na súa situación natural e realizan todo tipo de probas, e onde realizan formacións internas sen interferir na actividade diaria dunha tenda. Nun único punto pódese realizar e xestionar todo o proceso de desenvolvemento do produto, dende o inicio ata o seu lanzamento definitivo nas tendas reais, e aplicar decisións sobre a oferta e sobre o espazo de venda.

Ademais do recoñecemento a este centro de coinnovación, as Minibarriñas de Chocolate Hacendado con crocante de sementes son exemplo, para o Institut Cerdà, dunha das mellores iniciativas de innovación en Gran Consumo en 2019. Este produto, elaborado polo provedor totaler Dulces Olmedo no municipio de Estepa (Sevilla), destaca principalmente por ampliar a categoría de snacks de chocolate cunha alternativa máis saudable. Así mesmo, o desenvolvemento deste produto levou consigo “un grande esforzo de investigación e desenvolvemento”, ao conseguir unha mestura nova e atractiva entre ingredientes de distinta densidade como o son o chocolate, as sementes (de sésamo e liño marrón), os cereais e a galleta.

Unha rede de 19 centros de coinnovación de Mercadona.

Este centro de coinnovación forma parte da rede de centros de coinnovación que a compañía ten en España e Portugal, a gran maioría especializados en categorías de produtos. Actualmente, a compañía conta cun total de 19 centros onde realiza sesións de coinnovación cos seus “xefes” (clientes), o que lle permite captar necesidades concretas e dar resposta, tanto por medio de melloras, como a través de novas referencias en todas e cada unha das seccións. Nestes centros traballan especialistas en categorías de consumo, responsables de captar e observar, “co mandil posto”, as preferencias e necesidades dos “Xefes” para que a compañía poida ofrecerlles solucións acertadas.

Este Modelo de Coinnovación, que se puxo en marcha en 2011 mediante a Estratexia Mandil baseada en compartir cos clientes experiencias e costumes de consumo, permítelle á compañía desenvolver unha Oferta Eficaz, produtos da máxima calidade ao mellor prezo posible, conxuntamente cos provedores totaler.

Minibarriñas de Chocolate Hacendado no lineal de MercadonaMinibarriñas de Chocolate Hacendado no lineal de Mercadona