Supermercado de Mercadona onde se implantou a Tenda 6.25, posta en escena da Estratexia 6.25

O Café Filtro Americano e a Estratexia 6.25 de Mercadona entre as grandes innovacións do consumo en España

23 de marzo de 2021
  • Recoñécese ademais a iniciativa de apoio ao sector, coñecida inicialmente como #IstoNONtenquePARAR e que actualmente evolucionou en #EActíVate, con máis de 5.500 empresas adheridas.
  • O Observatorio de Innovación en Gran Consumo do Institut Cerdà recoñece diversos proxectos e boas prácticas innovadoras no sector alimentario español.

O Institut Cerdà deu a coñecer esta mañá, durante a celebración da súa cuarta edición do Observatorio de Innovación en Gran Consumo, as innovacións do sector en 2020. Entre os recoñecementos destacan o Café Filtro Americano Hacendado e a Estratexia 6.25, unha serie de accións que Mercadona está levando a cabo para reducir o plástico.

O Café Filtro Americano Hacendado, elaborado polo Provedor Totaler UCC Coffee Spain nas súas instalacións de Logroño (La Rioja), foi premiado como innovación de produto por ser unha forma sinxela e práctica de tomar un café de filtro tipo americano sen a necesidade de ningunha cafeteira.

Por outro lado, a Estratexia 6.25 de Mercadona, o plan de acción que desenvolveu a empresa e que se enmarca dentro da estratexia global “Si a seguir coidando o Planeta”, foi recoñecida dentro da categoría de innovación de procesos por supoñer un salto cualitativo á hora de abordar este tema de maneira global e aliñada coa economía circular onde, ademais, se involucra o consumidor. Margarita Muñoz, Directora Xeral de Economía Circular de Mercadona, explicou durante a celebración do acto que se trata de “seis accións concretas para alcanzar en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % o plástico nos envases das nosas marcas, reciclar todos os residuos plásticos que xeramos nos nosos procesos e lograr que todos os nosos envases sexan reciclables”.

Como novidade, o informe tamén incluíu un apartado coas iniciativas máis innovadoras desenvolvidas polas empresas do sector, que demostraron o seu carácter de sector esencial para xestionar a situación de crise sanitaria, social e económica derivada da COVID-19. Neste sentido, tamén se recoñeceu como innovación social a iniciativa #IstoNONtenquePARAR que evolucionou en #EActíVate con máis de 5.500 empresas adheridas. O Observatorio recoñece o devandito movemento, iniciado a mediados de marzo co obxectivo de visibilizar o esforzo de todas as empresas e dos seus traballadores por seguir traballando e reinventándose, e que actualmente se converteu nun punto de encontro, formación e inspiración que serve como estímulo para reactivar a economía do país.

Modelo de coinnovación de Mercadona

A compañía conta cun Modelo de Coinnovación que xorde dunha prioridade: escoitar constantemente ao “Xefe” (cliente) e pensar en como satisfacelo co desenvolvemento de iniciativas que lle acheguen valor. Para alcanzar este obxectivo, dende 2011 desenvolve a súa Estratexia Mandil, baseada en compartir cos clientes experiencias e costumes de consumo, limpeza do fogar, aseo persoal e coidado de mascotas; para trasladárllelas despois aos Provedores Totaler e impulsar, deste xeito, unha colaboración directa no proceso de elaboración dos mellores produtos desenvolvidos e fabricados dende a experiencia do cliente.

Este proxecto pioneiro é un valor diferencial da compañía que, ano tras ano, multiplica a súa creatividade e reforza a súa innovación. A compañía conta con centros de coinnovación onde traballan diariamente especialistas que se encargan de captar e observar, nestes espazos e ao pé da tenda, as preferencias e necesidades dos “Xefes” para que a compañía poida ofrecerlles solucións acertadas.

Café Filtro Americano Hacendado no lineal de MercadonaCafé Filtro Americano Hacendado no lineal de Mercadona.

Supermercado de Mercadona onde se implantou a Tenda 6.25, posta en escena da Estratexia 6.25Supermercado de Mercadona onde se implantou a Tenda 6.25, posta en escena da Estratexia 6.25.

Logo EActiVate