- Actualizamos o noso novo número de teléfono gratuíto de Atención ao Cliente, co mesmo funcionamento de antes.
- Á túa disposición os 365 días do ano, de 7:00 a 22:30 horas, tanto en España (unha hora menos en Canarias) como en Portugal.
- En 2021 atendemos máis de 230.000 consultas neste servizo.
A partir de agora, o 800 500 220 é o noso número de Atención ao Cliente, a nova liña que segue sendo gratuíta para atender as túas consultas e suxestións. Porque o máis importante para nós é escoitar aos nosos clientes, só así podemos seguir mellorando.
Actualiza o noso contacto!
Actualizamos o noso teléfono gratuíto de Atención ao Cliente!
- O teléfono do Servizo de Atención ao Cliente segue sendo gratuíto.
- Coas mesmas características ca antes.
- Ofrecemos este servizo a todos os nosos clientes de España e Portugal.
Horario de chamadas
- De 7:00 a 22:30 horas, de luns a domingo os 365 días do ano, tanto en España como en Portugal (una hora menos en Canarias).
Un amplo equipo humano que resolve as túas dúbidas e consultas
O noso equipo está encantado de falar contigo, atender as túas consultas e resolver calquera dúbida. 85 persoas (70 en España e 15 en Portugal) traballan diariamente para procurar a túa satisfacción a través do Servizo de Atención ao cliente.
En 2021 atendemos máis de 230.000 consultas e este ano imos seguir traballando para mellorar o noso servizo escoitando aos nosos clientes.
Chámanos ao 800 500 220!
Outras vías de Atención ao Cliente
Ademais, contamos con outras vías para que o Xefe poida contactar con nós:
- A través dun formulario que está na nosa páxina web: https://info.mercadona.es/gl/atencion-ao-cliente
- Por correo directamente a atencionalcliente@mercadona.es
- En todas as nosas redes sociais: Facebook, Twitter, Instagram, Youtube e Linkedin.
E tamén pode consultar máis información a través de:
- As Nosas Preguntas Frecuentes: https://info.mercadona.es/gl/atencion-ao-cliente/preguntas-frecuentes-0
- O Noso Chatbot de WhatsApp