Nova variedade de limóns de Mercadona

Nova variedade nacional de limón nos supermercados Mercadona

14 de abril de 2020
  • Coma todos os anos por esta época, a entrada do cítrico Verna substitúe a variedade Primofiori, ambos procedentes de campos situados na Región de Murcia, Comunitat Valenciana e Andalucía.
  • Trátase dunha variedade máis grande, coa pel máis rugosa, bicudo nos extremos, con boa cantidade de zume e de fresco aroma e sabor.
  • Esta variedade estase implantando de forma progresiva dende o luns 13 de abril ata o día 20 do mesmo mes, momento a partir do cal estará implantado en toda a cadea ata principios do mes de xuño.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, ofrece dende o luns 13 de abril en practicamente todas as súas tendas de España e Portugal, a variedade Verna de limóns, e estará implantada en toda a cadea a partir do 20 de abril. Coma todos os anos por estas datas, estes cítricos substitúen a variedade Primofiori, ambos procedentes de campos situados na Región de Murcia, Comunitat Valenciana e Andalucía.

“Se estes tempos difíciles nos dan limóns, fagamos limoada”

Estes limóns, dispoñibles ata principios do mes de xuño, caracterízanse por ser máis grandes, coa pel máis rugosa e a codia máis grosa, bicudo nos extremos, de fresco aroma e sabor, e con boa cantidade de zume. A demanda deste produto, do que en 2019 a compañía vendeu aproximadamente 25 millóns de quilos, é unha constante durante estes días polas súas excelentes propiedades.

Comprometidos cos produtos de orixe nacional

En 2019 as compras de Mercadona en España alcanzaron un valor superior aos 19.970 millóns de euros. Grazas aos acordos comerciais da compañía co sector primario, Mercadona colabora con 9.500 agricultores, 12.000 pescadores e 6.700 gandeiros. Ademais, a compañía apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “Froitas e Verduras de tempada”.

Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará

Limón Verna dispoñible na sección Froita e Verdura de MercadonaLimón Verna dispoñible na sección Froita e Verdura de Mercadona.