Botella de aceite de oliva virxe extra Hacendado Nova Campaña

Nova Edición Limitada de Aceite Hacendado oliva virxe extra Nova Campaña

18 de decembro de 2018
  • A nova edición do Aceite Hacendado Nova Campaña de Mercadona, de produción limitada, xa está dispoñible en todos os supermercados da compañía.
  • Trátase dun coupage de aceites de oliva virxe extra procedentes das variedades de oliva manzanilla, oliva arbequina e oliva de folla branca, froito dun coidadoso proceso de selección dos primeiros aceites producidos no mes de novembro de 2018.

Oleoestepa, sociedade cooperativa produtora e comercializadora de aceite de oliva virxe extra con sede no municipio sevillano de Estepa, lanza unha nova edición do Aceite de Mercadona oliva virxe extra Hacendado Nova Campaña, de produción limitada por ser un produto elaborado a partir dos primeiros aceites virxe extra da campaña.

A nova edición de Aceite Hacendado Nova Campaña é un coupage de aceites de oliva virxe extra procedentes das variedades de oliva manzanilla, oliva arbequina e oliva de folla branca, froito dun coidado proceso de selección dos primeiros aceites producidos no mes de novembro de 2018. Un excepcional aceite de oliva virxe extra cun perfil sensorial  afroitado  de oliva verde e toques de oliva madura moi fresco á vez que delicado. Aroma a herba fresca acabada de cortar con agradables notas de froitas; na boca, sabor a herba fresca e toques de améndoa verde. A súa entrada na boca é doce cun amargor e picante equilibrado.

Oleoestepa, cooperativa que conta con 17 muíños de aceite asociados situados nas provincias de Córdoba e Sevilla e que agrupa máis de 5.000 agricultores con máis de 52.000 hectáreas de oliveiral, envasa tamén dende agosto de 2015 o aceite de oliva virxe extra Gran Selección Cooperativa Hacendado. Trátase dun coupage deseñado para a cadea de supermercados e que se comercializa en  Mercadona en envase de cristal de 750 ml.

Aceite de oliva de Mercadona 100% nacional

Dende hai anos, Mercadona mantén o compromiso de, sempre que sexa viable, utilizar materia prima de orixe nacional. Un claro exemplo é o aceite de oliva Hacendado, 100% de orixe española tal como o acreditou o organismo independente Neoris e así se indica na etiquetaxe.