Liña de caixas do novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona.

Navarra – O supermercado de Ansoain é o primeiro en incorporar o novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona nesta comunidade

02 de xuño de 2017
  • Esta tenda reabre após unha reforma integral cun investimento de máis de 420.000 euros coa participación de 71 fornecedores, que deron emprego a máis de 176 persoas durante a fase de reforma.
  • Este novo supermercado, completamente conectado tecnoloxicamente, presenta un deseño e unhas seccións totalmente renovadas que melloran a experiencia total de compra dos clientes, cun aforro enerxético de até un 40% respecto dunha tenda tradicional.
  • Con esta reabertura Mercadona culmina a implantación en todas as súas tendas de Navarra do seu novo modelo de carne, en que o mostrador se converte nun punto de acabado onde os clientes poden escoller a súa bandexa e solicitar que acaben a preparación ao seu gusto.

Mercadona reabre hoxe un supermercado en Ansoain, concretamente entre as rúas Aizoain e Berriobide, após unha reforma integral para o adaptar ao novo Modelo de Tenda Eficiente da compañía, cun investimento de máis de 420.000 euros e a participación de 71 fornecedores que deron emprego a 176 persoas durante a fase de reforma. Esta foi a primeira abertura de Mercadona en Navarra, en xaneiro de 2013, e agora reformouse para presentar un novo deseño que mellora a distribución, a decoración e a disposición de todas as seccións e mellorar e optimizar a experiencia de compra dos seus "Xefes", como a compañía denomina internamente os seus clientes.

A nova tenda eficiente de Mercadona en Ansoain conta cunha superficie de sala de vendas de 1.500 metros cadrados e dispón dun deseño totalmente renovado respecto do anterior modelo de tenda con novas cores e materiais, quer na fachada exterior de acceso ao supermercado quer na distribución das diferentes seccións. Aposta por amplos espazos diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidas na delimitación dos diferentes ambientes.

Novidades en todas as seccións

Ademais, presenta novidades en todas as seccións das cales se benefician tanto os “Xefes” (clientes) como os traballadores, os fornecedores e a sociedade. Dispón, por exemplo, dunha nova entrada con duplo acristalado que evita correntes de aire, de andeis específicos para o leite fresco e para os zumes refrixerados, dunha góndola central na perfumería para a cosmética especializada, dunha nova exposición na peixería para os produtos de cuncha e dunha máquina de zume de laranxa acabado de espremer.

Esta reforma supón a culminación da implantación en todas as súas tendas de Navarra do seu novo modelo de carne, en que o mostrador se converte nun punto de acabado onde os clientes poden escoller a súa bandexa, achegarse até este espazo e solicitar que acaben a preparación ao seu gusto.

Este novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona tamén procura ofrecer un mellor servizo para facilitar o acto de compra dos clientes mediante a ampliación dos corredores da froita e dos vexetais, dun novo modelo de cesta da compra e de dous modelos de carros, moito máis ergonómicos e lixeiros.

Adicionalmente, co obxectivo de facilitar as tarefas cotiás dos traballadores, este novo supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar os sobreesforzos. Para o deseño do novo moble de caixa, Mercadona contou coa colaboración do Instituto de Biomecánica de Valencia. Para alén de dispor de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de lecer, así como dunha zona comedor máis equipada e duns armarios persoais máis amplos e cómodos.

Aforro enerxético e xestión totalmente informatizada: tenda eco-eficiente

A nivel medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir até nun 40% o consumo enerxético respecto do modelo de tenda convencional, por mor da mellora do illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor de paredes e teitos e con novas arcas de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosas co medio ambiente. Para alén diso, conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo as zonas e os momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente. 

Do mesmo xeito, este Novo Modelo de Tenda de Mercadona, completamente conectada tecnoloxicamente, integra unha serie de dispositivos electrónicos e de ferramentas colaborativas para os traballadores, cos que poderen compartir información desde calquera sección da tenda, facilitando a autoxestión de cada supermercado e axilizando os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos encóntranse, a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar as xestións administrativas. Todo isto permite optimizar os procesos e coñecer a gestión da tenda en tempo real, facilitando a toma de decisións e contribuíndo a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos. 

O horario de abertura do supermercado é de luns a sábado, de 9h00 a 21h30, e dispón dun aparcadoiro de 190 prazas para facilitarlles a compra a todos os clientes que se movan en vehículo privado. Ademais, conta con servizo a domicilio e compra online.

Con esta reabertura, os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa coñecida política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), que a compañía emprega de xeito exclusivo e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Grazas a isto, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes unha variedade eficaz, con independencia de quen fabrique o produto, coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.

Mercadona ten previsto para o exercicio 2017 investir 180 millóns de euros en reformar e renovar con este Novo Modelo de Tenda Eficiente 126 tendas, así como investir 5 millóns de euros en I+D+i en novas melloras informáticas.

Mercadona en Navarra

Mercadona mantén a súa aposta decidida por Navarra, onde xa conta con 10 tendas situadas: 2 en Pamplona (na Avda. Gipuzkoa e na Avda. San Jorge) e 1 en Aranguren, Barañain, Burlada, Valle de Egüés, Estella, Tafalla e Tudela, así como esta de Ansoain. Todas as tendas suman un cadro de persoal de 416 persoas, con emprego estable e de calidade.

Por outra parte, tamén ten relación comercial con 667 pemes desta comunidade e en 2016 realizou compras a fornecedores navarros por valor de 270 millóns de euros, un 25% máis que no ano anterior. A aposta de Mercadona pola froita e os vexetais de proximidade fixo que a cadea de supermercados compre 1 millón de quilos de alcachofa en Tudela durante esta campaña, o que supón un incremento do 42% respecto da campaña anterior. Nesta liña, ofrece nos seus supermercados produtos como o espárrago branco con IXP Navarra, do que mercará 4.000 quilos, e en 2016 adquiriu 4,2 millóns de quilos de cebola e máis de 400.000 quilos de pemento vermello e verde en Navarra.

Dentro da súa responsabilidade social corporativa doou 227,9 toneladas de produtos de primeira necesidade grazas á súa colaboración co Banco de Alimentos de Navarra, a Fundación Ilundáin Haritz Berri, as Hermanitas de los Pobres de Pamplona de o comedor solidario Paris 365.