Novo cartel de Mercadona

Murcia – Mercadona abre un Novo Modelo de Tenda no Parque Comercial Montevida de La Alberca

29 de xaneiro de 2018
  • Esta nova tenda eficiente presenta novidades en todas as seccións e melloras quer a nivel medioambiental quer tecnolóxico e mais de servizo, co obxectivo de optimizar a experiencia total de compra dos seus clientes.
  • O novo supermercado, que substitúe o situado na rúa Carlos Varcárcel de La Alberca, conta cun cadro de persoal de 47 traballadores con emprego estable e de calidade.
  • A nova tenda supuxo un investimento de 4 millóns de euros e na súa construción participaron 56 fornecedores, que deron emprego a máis de 160 persoas durante a fase de obra. 

Mercadona inaugura hoxe un novo supermercado eficiente no Parque Comercial Montevida de La Alberca (Murcia). Esta abertura supón o peche do supermercado que Mercadona posuía na rúa Carlos Valcárcel de La Alberca (Murcia). Este novo  supermercado, que abre co Novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona reforzando a excelencia no servizo e optimizando o acto de compra dos seus clientes, presenta melloras das que se benefician quer os “Xefes” (clientes) quer os traballadores, os fornecedores e a sociedade.

Para iso, este novo supermercado, dispón de andeis específicos para o leite fresco e os zumes refrixerados, dun novo punto de acabado para a carne, dunha góndola central na perfumería para a cosmética especializada, dun servizo de zume de laranxa acabado de espremer, dunha nova exposición na peixería para os produtos de cuncha, dunha nova sección de forno con rebandadora de pan ou pastelería refrixerada e dunha nova chacinería con xamón ao corte e mais envasado, entre outras novidades.

Ademais, este supermercado dispón, entre outras melloras, dunha entrada con duplo acristalado que evita correntes de aire, duns corredores máis amplos e dun novo modelo de carro da compra e mais dun novo modelo de carro tipo cesta moito más ergonómicos e lixeiros.

Esta nova xeración de supermercado conta cunha superficie de sala de vendas de 1.800 metros cadrados e dispón dun deseño totalmente renovado respecto do anterior modelo de tenda con novas cores e materiais, quer na fachada exterior de acceso ao supermercado quer na distribución das diferentes seccións. Do mesmo xeito, aposta por amplos espazos diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidas na delimitación dos diferentes ambientes.

Na construción desta nova tenda eficiente de Mercadona participaron 56 fornecedores que deron emprego a máis de 160 persoas durante a fase de obra.

Tecnoloxía e Ergonomía para as traballadoras e traballadores de Mercadona

Adicionalmente, co obxectivo de facilitar as tarefas cotiás dos traballadores, este supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar os sobreesforzos. Por exemplo, o novo moble de caixa Mercadona desenvolveuse en colaboración co Instituto de Biomecánica de Valencia. A tenda tamén dispón de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de lecer, así como dun comedor máis equipado e duns armarios persoais máis amplos e cómodos.

Alén diso, esta Nova Tenda Eficiente de Mercadona está completamente conectada tecnoloxicamente, mediante a integración dunha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaborativas para os traballadores, coas que poderen compartir información desde calquera sección da tenda, facilitando a autoxestión de cada supermercado e axilizando os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos encóntranse a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar as xestións administrativas. Todo isto permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, facilitando a toma de decisións e contribuíndo a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos. 

Aforro enerxético: tenda eco-eficiente

A nivel medioambiental tomáronse medidas que permiten reducir até nun 40% o consumo enerxético respecto do modelo de tenda convencional por mor da mellora do illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor de paredes e teitos e con novas arcas de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosas co medio ambiente. Alén de contar cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo as zonas e os momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente. 

O horario de abertura deste supermercado é de luns a sábado, de 09h00 a 21h30, e dispón dun aparcadoiro de 489 prazas para lles facilitar o acto de compra a todos os clientes que se movan en vehículo privado. Ademais, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra online.

Os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa coñecida política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), que a compañía emprega de xeito exclusivo e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade de forma permanente. Así, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes, con independencia de quen fabrique o produto, unha variedade eficaz coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.

Durante 2017 Mercadona investiu máis de 180 millóns de euros na reforma de 126 supermercados e a abertura de outros 29 novos supermercados con este novo Modelo de Tenda.

Mercadona na Rexión de Murcia

Mercadona conta con 64 supermercados na Rexión de Murcia que proporcionan emprego estable a máis de 3.080 traballadores. Por outro lado, cómpre destacar que Mercadona reforzou ao longo do ano pasado a súa responsabilidade social na rexión por medio de diferentes iniciativas, con máis de 160 toneladas de alimentos doados á Cruz Vermella, Bancos de Alimentos da rexión e a Comedores Sociais. Para alén de ter colaborado en múltiples "Operaciones Kilo" con entidades benéficas e mais en iniciativas como a do Banco de Alimentos a través da súa campaña "Gran Recogida", participando cos supermercados que posúe en gran parte dos municipios da rexión.