Man a coller un dos novos carros de Mercadona

Murcia – Dous novos modelos de supermercados eficientes de Mercadona na rexión

12 de decembro de 2017
  • A nova tenda de Alcantarilla e a reabertura de Santomera, supermercados completamente conectados tecnoloxicamente, presentan un deseño e unhas seccións totalmente renovadas que melloran a experiencia total de compra dos clientes, cun aforro enerxético de até un 40% respecto dunha tenda tradicional.
  • Estes supermercados eficientes supuxeron un investimento conxunto de máis de 5,8 millóns de euros e contan cun cadro de persoal conxunto de 102 traballadores con emprego estable e de calidade.
  • En ambas as construcións participaron unha media de 91 fornecedores, que deron emprego a 686 persoas durante a fase de obra. 

Mercadona inaugurou este mes de decembro dous novos supermercados na rexión de Murcia. Un situado no concello de Alcantarilla, concretamente na avenida de Murcia, s/n, onde estaba a antiga discoteca Súper Chuys, que substitúe o situado na Plaza Bohemia, que supuxo un investimento de 4 millóns de euros e a participación de 400 persoas na fase de obra. Do mesmo xeito, no concello de Santomera Mercadona reinaugurou o seu supermercado da avenida Juan Carlos I, número 107, após unha reforma integral cun investimento de máis de 1,8 millóns de euros e a participación de 286 persoas para o adaptar ao novo Modelo de Tenda eficiente da compañía.

Estes dous supermercados presentan un novo deseño que mellora a distribución, a decoración e a disposición de todas as seccións co obxectivo de mellorar e optimizar a experiencia de compra dos seus "Xefes", como a compañía denomina internamente os seus clientes.

As novas tendas eficientes de Mercadona en Alcantarilla e Santomera contan cunha superficie de sala de vendas de 1.680 e 1.595 metros cadrados respectivamente e dispoñen dun deseño totalmente renovado respecto do anterior modelo de tenda con novas cores e materiais, quer na fachada exterior de acceso ao supermercado quer na distribución das diferentes seccións. Tamén se aposta por amplos espazos diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidas na delimitación dos diferentes ambientes.

Novidades en todas as seccións

Ademais, estes dous supermercados presentan novidades en todas as seccións das que se benefician tanto os “Xefes” (clientes) como os traballadores, os fornecedores e a sociedade. Dispón, por exemplo, dunha nova entrada con duplo acristalado que evita correntes de aire, de andeis específicos para o leite fresco e os zumes refrixerados, dun novo punto de acabado para a carne, dunha góndola central na perfumería para a cosmética especializada e dunha nova exposición na peixería para os produtos de cuncha, entre as novidades salientables, así como dunha máquina de zume de laranxa acabado de espremer, dunha nova sección de forno con rebandadora de pan e pastelería refrixerada e dunha nova chacinería con xamón ao corte e mais envasado.

Este novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona tamén procura ofrecer un mellor servizo para facilitar o acto de compra dos clientes mediante a ampliación dos corredores, de dous modelos de carros, un carro cesta e mais un carro de tamaño convencional, moito máis ergonómicos e lixeiros.

Adicionalmente, co obxectivo de facilitar as tarefas cotiás dos traballadores, estes dous novos supermercados inclúen múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar os sobreesforzos. Para o deseño do novo moble de caixa, por exemplo, Mercadona contou coa colaboración do Instituto de Biomecánica de Valencia. Para alén de dispor de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade no seu tempo de lecer, así como dunha zona comedor máis equipada e duns armarios persoais máis amplos e cómodos.

Aforro enerxético e xestión totalmente informatizada: tendas eco-eficientes

A nivel medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir até nun 40% o consumo enerxético respecto do modelo de tenda convencional, por mor da mellora do illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor de paredes e teitos e con novas arcas de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosas co medio ambiente. Para alén de contar cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo as zonas e os momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente. 

Do mesmo xeito, este novo Modelo de Tenda de Mercadona, completamente conectada tecnoloxicamente, integra unha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaborativas para os traballadores, coas que poderen compartir información desde calquera sección da tenda, facilitando a autoxestión de cada supermercado e axilizando os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos encóntranse a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar as xestións administrativas. Todo isto permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, facilitando a toma de decisións e contribuíndo a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos. 

O horario de abertura destes supermercados é de luns a sábado, de 09h00 a 21h30 e dispón dun aparcadoiro de 190 prazas en Alcantarilla e 61 prazas en Santomera, para facilitarlles o acto de compra a todos os clientes que se movan en vehículo privado. Ademais, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra online.

Con estas aberturas, os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa coñecida política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), que a compañía emprega de xeito exclusivo e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Grazas a isto, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes unha variedade eficaz, con independencia de quen fabrique o produto, coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.

Mercadona ten previsto para o exercicio 2017 investir 180 millóns de euros en reformar e renovar con este Novo Modelo de Tenda Eficiente 126 tendas repartidas por toda España, así como investir 5 millóns de euros en I+D+i en novas melloras informáticas.

Mercadona na rexión de Murcia

Mercadona conta con 64 supermercados na rexión de Murcia que proporcionan emprego estable a máis de 3.080 traballadores. Por outro lado, cómpre destacarmos que Mercadona ten reforzado ao longo do ano pasado a súa responsabilidade social na provincia por medio de diferentes iniciativas, con máis de 160 toneladas de alimentos doados á Cruz Vermella, a bancos de alimentos da rexión e a comedores sociais. Para alén de colaborar en múltiples "Operaciones Kilo" con entidades benéficas e mais en iniciativas como a do Banco de Alimentos a través da súa campaña "Gran Recogida", ao participar cos supermercados que posúe en gran parte dos concellos da rexión. 

Situación do novo supermercado eficiente de Mercadona en Alcantarilla (Murcia):

Situación do novo supermercado eficiente de Mercadona en Alcantarilla (Murcia):