Momento da entrega de produtos básicos á Escola Obradoiro de Estella-Lizarra (Navarra)

Mercadona vai doar acotío produtos á Escola Obradoiro de Estella-Lizarra (Navarra)

21 de novembro de 2017
  • A cadea de supermercados comeza a entregar acotío produtos de primeira necesidade á Escola Obradoiro de Estella-Lizarra, que atende 25 familias.
  • Mercadona ten doado 227,9 toneladas de produtos de primeira necesidade no 2016 en Navarra.

No marco da súa responsabilidade social, Mercadona iniciou unha colaboración estable coa Escola Obradoiro de Estella-Lizarra a través da entrega cotiá de produtos básicos. A doazón realízase pola mañá, grazas aos recursos loxísticos e humanos que tamén fornece Mercadona, e os produtos entréganse nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para seren preparados polo alumnado. Con esta iniciativa solidaria preténdese axudar na elaboración de comidas para as 25 familias atendidas por esta institución, situada no número 26 de Merkatondoa en Estella-Lizarra.

Canto á colaboración, Imanol Flandes, xerente de Relacións Externas de Mercadona en Navarra, explica que “para Mercadona é unha parte vital da súa responsabilidade social corporativa apoiar entidades como a Escola Obradoiro de Estella-Lizarra”. Pola súa parte, o concelleiro de Industria e Emprego, Ricardo Gómez de Segura, agradece “o apoio de Mercadona. A doazón cotiá destes alimentos, que traen cada mañá á Escola, permítelle ao noso alumnado preparar os menús para atender 25 familias en situación de necesidade". A directora da Escola Obradoiro, Sira Cobelas, subliña que “grazas ás doazóns, ao tempo que desenvolvemos a nosa obra social, melloran os recursos de aprendizaxe do alumnado, ao practicaren acotío con alimentos moi variados e de calidade”.

Como parte da súa responsabilidade social corporativa, Mercadona non só realiza esta colaboración senón que ten asinado un convenio coa Fundación Banco de Alimentos de Navarra a través do que doou 4.000 quilos de produtos de primeira necesidade neste ano. Para alén de colaborar acotío coa Fundación Ilundain Haritz Berri, as Hermanitas de los Pobres de Pamplona e o comedor solidario Paris 365. Todas estas accións fixeron que, no 2016, Mercadona teña doado 227,9 toneladas de produtos de primeira necesidade a entidades sociais navarras.

A nivel estatal, Mercadona colabora con máis de 120 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e entidades benéficas e, no 2016, doou 6.500 toneladas de alimentos, o que equivale a 108.000 carros da compra.

Sobre Mercadona en Navarra

Mercadona mantén a súa aposta decidida por Navarra, onde xa conta con 11 tendas e un cadro de persoal de 456 traballadores, todos eles con emprego estable e de calidade. Alén de a compañía manter relación comercial con 667 pemes desta comunidade e de realizar no 2016 compras a fornecedores navarros por valor de 270 millóns de euros, un 25 % máis que no ano anterior. Exemplos dos seus fornecedores agroalimentarios e da súa aposta polo produto local son a compra de 1 millón de quilos de alcachofa en Tudela, o que supón un incremento do 42 % respecto da campaña anterior; así como a compra de  4.000 quilos de espárrago branco con IXP navarra, 4,2 millóns de quilos de cebola e máis de 400.000 quilos de pemento vermello e verde.

Sobre a Escola Obradoiro de Estella-Lizarra

A Escola Obradoiro comezou a funcionar na cidade en 1989 e ten impartido cursos de hostelería desde o 2004. Trátase dun programa que combina formación e emprego, realizando unha obra social. Está subvencionado polo Servizo Navarro de Emprego. Na actualidade 15 alumnos novos, menores de trinta anos, estanse a formar para obter o certificado de profesionalidade de cociña e traballan elaborando acotío diferentes menús para familias en situación de necesidade.

Imagen de cabecera: Cociñeiros da Escola Obradoiro xunto a un dos traballadores de Mercadona que realiza as entregas cotiás