Colaboración 1ª semana contra desperdicios

Mercadona únese á 1ª Semana contra o desperdicio alimentario promovida por AECOC

24 de septembro de 2018
  • A 1ª Semana contra o desperdicio alimentario, que se celebra do 24 ao 30 de setembro, conta coa participación de empresas e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
  • Mercadona aplica desde hai anos diversas estratexias para evitar o desperdicio de alimentos.

A dilapidación de alimentos é un problema de importante dimensión que preocupa a empresas, administracións, bancos de alimentos e consumidores. Tal e como promove a Asociación de Fabricantes e Distribuidores (AECOC), reducir este problema esixe concienciación, esforzo e colaboración por parte de todos os elos da cadea.

En solo 7 anos o sector conseguiu reducir a porcentaxe de produto que por diversas razóns non chega a comercializarse en máis dun 30%. Pola súa parte, cada fogar español reduciu no último ano en 2,3 quilos os alimentos que desperdicia.

A 1ª Semana contra o desperdicio ten o obxectivo de compartir e contar o que todos facemos para reducir o desperdicio alimentario. Nisto sumouse Mercadona, empresa adherida desde o ano 2012 á iniciativa de AECOC "A alimentación non ten desperdicio, aprovéitaa", que ten por obxectivo estudar e compartir accións que axuden a reducir o desperdicio de alimentos. Mercadona apoiará a campaña nas súas máis de 1.600 tendas.

Ademais, Mercadona aplica diversas estratexias para evitar o desperdicio de alimentos como pedir o xusto ou necesario, entre outras medidas.

Sabes como evitar o desperdicio de alimentos?

Coñece nas seguintes guías como desde o teu fogar tamén podes evitar o desperdicio de alimentos.

 

 

 

 

1ª Semana contra o desperdicio Alimentario

Descargar

 

 

 

Documento en español:

 

Guía Hogares contra desperdicio AVACU

Descargar

 

 

 

 

Vídeo en español: