- O motivo deste incremento débese a que o cliente busca complementos alimenticios destinados a reforzar o sistema inmunolóxico.
- O Provedor Totaler Krüger reforza a produción deste produto para garantir o abastecemento.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, triplica as vendas da Vitamina C en comprimidos efervescentes polos cambios de hábitos do consumidor. O motivo deste incremento débese a que os “xefes” (clientes) buscan consumir produtos alimenticios destinados a reforzar o sistema inmunolóxico.
A principal función que se lle atribúe a Vitamina C en comprimidos efervescentes de Mercadona, que se vende en pastillas efervescentes dende 2017 en toda a cadea, é que a vitamina C contribúe ao funcionamento normal do sistema inmunitario. O Provedor Totaler encargado de elaborar este produto, Krüger, reforzou a produción destes comprimidos nas súas instalacións situadas en Alemaña, para garantir a súa subministración nas máis de 1.600 tendas que a compañía ten repartidas por España e Portugal.
Vitamina C en comprimidos efervescentes de Mercadona.