Mercadona Logo Puerta

Mercadona supera as 1.600 tendas en España

28 de outubro de 2016
  • Após 35 anos de crecemento en España, Mercadona supera os 1.600 supermercados, cun investimento de 133 millóns de euros no que vai de 2016.
  • Na construción de cada tenda participaron unha media de 60 fornecedores de cada zona que deron traballo a unha media de 100 persoas.

Mercadona inaugurou 32 novos supermercados no que levamos de ano, o cal eleva até 1.601 o número total de tendas en territorio español. Aínda, a compañía realizou reformas noutros 28 establecementos para adaptalos ao seu modelo de Tendas por Ambientes, e pechou 5 que non se axeitaban aos estándares da cadea. O investimento en novas tendas e reformas no que vai de ano ascende a 133 millóns de euros.

A cifra de 1.600 supermercados vese superada hoxe con dúas novas aberturas: unha no Parque Empresarial Herrera Oria de Madrid (nomeadamente na Calle Orduña, número 6) e outra na illa de Gran Canaria, situada na zona de El Hornillo, no concello de San Bartolomé de la Tirajana

A construción dos novos supermercados, ben como a adaptación dos xa existentes, supuxo un investimento superior aos 133 millóns de euros no que vai do exercicio 2016. Este investimento traduciuse en que unha media de 60 fornecedores deron emprego a máis de 100 persoas durante a fase de obra de cada unha das tendas, ao cal hai que engadir o equipo técnico da compañía que ao longo de 12 meses traballa na contratación e a elaboración do proxecto de deseño e execución das ditas obras.

Mercadona pechou 2015 cunha facturación de 20.831 millóns de euros, un 3% máis que no ano anterior, e un beneficio de 611 millóns de euros, un 12% máis. A actividade xerada por Mercadona contribuíu a fomentar o desenvolvemento económico e social do noso país en 2015, como demostra o feito de 85% das súas compras seren de produtos e servizos españois, o cal supón máis de 15.390 millóns de euros ao ano.

Aínda, Mercadona vén de anunciar o inicio da súa internacionalización en Portugal. Nunha primeira fase, o obxectivo da compañía é a instalación de 4 supermercados que abrirían as portas en 2019 cun investimento inicial previsto de 25 millóns de euros e a creación de 200 postos de traballo.