- Mercadona participa un ano máis na Gran Recollida de Alimentos organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos.
- A recollida celébrase durante os días 22 e 23 de novembro.
- Consulta a lista de tendas participantes que Mercadona pon a disposición dos bancos de alimentos para facer a doazón de produtos.
Mercadona pon a disposición da Federación Española de Bancos de Alimentos puntos de recollida na maioría das súas tendas para a Gran Recollida de Alimentos. A compañía colabora desta forma na iniciativa que se celebra durante esta fin de semana, o 22 e 23 de novembro.
Ademais, Mercadona achega os seus recursos humanos e loxísticos para facer chegar os produtos doados a cada un dos bancos de alimentos, facilitando a distribución dos produtos para que poidan ser repartidos por toda España.
O noso compromiso é animar aos nosos clientes a participar na recollida doando produtos nos puntos de recollida colocados nas tendas. Para máis información sobre a Gran Recollida de Alimentos visita a web da Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL).
Vídeo en español:
Consulta a lista das tendas participantes de Mercadona
Documento en español:
Parte hartzen duten Mercadonaren denden zerrenda
Doazón de alimentos de Mercadona a institucións e entidades sociais
Ao longo do ano Mercadona colabora con bancos de alimentos, comedores sociais e outras entidades benéficas que axudan a moitas persoas de toda España. En concreto, en 2018 a compañía doou 8.300 toneladas de alimentos a través das distintas iniciativas nas que participa en todas as Comunidades e Cidades Autónomas de España.
Así mesmo, Mercadona traballa na súa política de xestión de residuos para reducir os desperdicios en todos os seus procesos. Estas son as estratexias para evitar e previr o desperdicio de alimentos.