Cartel da Gran Recogida de Alimentos 2017

Mercadona súmase á Gran Recogida de Alimentos

30 de novembro de 2017
  • Mercadona colabora un ano máis na Gran Recogida de Alimentos organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos.
  • A compañía participa os días 1 e 2 de decembro coa colocación de puntos de recollida e poñendo á disposición dos bancos os seus recursos humanos e loxísticos.
  • En 2017 a compañía ten doado 8.000 toneladas aos Bancos de Alimentos, comedores sociais e outras entidades.

Mercadona participa un ano máis na Gran Recogida para os Bancos de Alimentos mediante a colocación de puntos de recollida en gran parte dos seus supermercados. Ademais, a cadea de supermercados colabora co seu persoal e mais a súa rede loxística para entregar os produtos aos Bancos de Alimentos e que estes os poidan distribuír entre os seus beneficiarios de toda España.

En Mercadona animamos os nosos clientes a participar coa súa solidariedade nos puntos de recollida de alimentos que van estar situados nas nosas tendas este venres 1 e sábado 2 de decembro.

Grazas á solidariedade de voluntarios e clientes, en Mercadona chegáronse a recoller 6.900 toneladas de alimentos e doutros produtos básicos na Gran Recogida e as Operaciones Kilo levadas a cabo nas nosas tendas no 2016.

Máis información sobre a Gran Recogida e como ser voluntario na Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL).

Doazóns de alimentos Mercadona

Mercadona, como parte da súa colaboración coa sociedade, no 2017 ten doadas 8.000 toneladas aos Bancos de Alimentos, comedores sociais e outras entidades de toda España, o equivalente a 130.000 carros da compra. Ademais, Mercadona dispón de varias estratexias para evitar o desaproveitamento de alimentos.

Consulta os supermercados Mercadona participantes por Comunidade Autónoma 

Documento en español

Andalucía

Aragón

Asturias

Baleares

Canarias

Cantabria

Castela e León

Castela-A Mancha

Cataluña

Comunidade Valenciana

Euskadi

Estremadura

Galicia

A Rioxa

Madrid

Navarra

Rexión de Murcia