- Ambos os dous produtos serven como base para torradas ou como ingrediente clave para preparar salsas, recheos ou aderezos.
- Os Provedores Totaler responsables de elaborar estes produtos son Gourmet Cazorla e Martiko nas súas instalacións situadas en Linares (Jaén) e en Bera (Navarra), respectivamente.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, dentro da súa campaña de Nadal “O mellor para dar o mellor” -onde selecciona unha serie de produtos para que os “Xefes” (clientes) ofrezan aos seus durante estas datas-, puxo á venda dous novos patés de Hacendado, ideais como base para torradas ou como ingrediente clave para preparar salsas, recheos ou aderezos.
Unha destas novidades, o paté de xabaril con boletos de Mercadona, elaborado polo Provedor Totaler Gourmet Cazorla en Linares (Jaén), estará dispoñible na campaña de Nadal en todas as tendas que a compañía ten situadas en España.
Pola contra, o paté de foie con cebola confeitada de Mercadona, elaborado polo Provedor Totaler Martiko en Bera (Navarra), empezou a implantarse de forma progresiva en xullo deste ano e, dende o pasado mes de novembro, está dispoñible en todas as tendas que a compañía ten situadas tanto en España como en Portugal.
Paté de foie de pato con cebola confeitada.
Paté de xabaril con boletos.