Comité Científico Mercadona en España e Portugal

Mercadona reúne en Valencia os seus Comités Científicos de España e Portugal

10 de abril de 2024
  • Científicos independentes de recoñecido prestixio préstanlle apoio técnico á compañía, para garantir sempre a máxima calidade con seguridade alimentaria en todos os seus produtos e dar resposta así ás novas necesidades dos seus clientes.
  • No encontro de hoxe abordáronse cuestións de actualidade, entre elas a aplicación dos últimos avances tecnolóxicos na produción de alimentos de calidade, o efecto da alimentación na saúde e como conseguir novas melloras no sector agroalimentario ante retos como o cambio climático.
  • Garantir a calidade é inherente ao Modelo da compañía, orientado a ofrecer o máximo nivel de calidade e inocuidade de todos os seus produtos e procesos.

Mercadona, empresa de supermercados físicos e de venda en liña, reuniu hoxe por vez primeira os seus dous comités científicos, o de España e Portugal. Fíxoo na sede do Centro Tecnolóxico AINIA, en València, onde se abordaron cuestións que lle permitan á compañía seguir garantindo sempre a máxima calidade en todos os seus produtos e procesos de cara ás novas necesidades que van xurdindo. “A calidade é unha condición irrenunciable para Mercadona e debemos ir sempre por diante e mellorando, polo que contar cun asesoramento externo independente, científico e de recoñecido prestixio internacional é un grande apoio”, destaca Angels Millan, directora do Comité Científico de Mercadona en España. 

De feito, no encontro de hoxe abordáronse cuestións de grande actualidade como a aplicación dos últimos avances tecnolóxicos na produción de alimentos, como reducir o desperdicio alimentario sen renunciar á calidade ou como conseguir novas melloras no sector agroalimentario ante novos retos como o cambio climático, entre outros temas de interese. Entre os asistentes, destaca a presenza, por parte da Consellería de Sanidade da Comunidade Valenciana, de Mar Canós, subdirectora xeral de Seguridade Alimentaria e Laboratorios de Saúde Pública; e Carlos Antón, xefe de servizo de Xestión de Risco Alimentario. Tamén asistiron Ignacio García Magarzo e María Martínez, director xeral e directora de Sostibilidade, respectivamente, de Asedas (Asociación Española de Distribuidores, Autoservizos e Supermercados); Xavi Pera, responsable de Seguridade Alimentaria e Calidade de AECOC (Asociación Española de Codificación Comercial); e Cristina del Campo, directora xeral do Centro Tecnolóxico AINIA, entre outros expertos e responsables en seguridade alimentaria. 

Mercadona contou dende hai moitos anos co asesoramento deste Comité Científico en España, experiencia pola que contou ademais con científicos de Portugal tras a súa entrada neste país. Hoxe, Día Mundial da Ciencia, reuníronse por vez primeira os 17 científicos de ambos os dous Comités nunha xornada na que interviñeron varios dos seus compoñentes. Entre os participantes: Daniel Ramón, doutor en Ciencias Biolóxicas (Universidade de València) e actualmente vicepresidente de l+D en Nutrición e Saúde da empresa norteamericana ADM (Archer Daniels Midland Co); José Juan Rodríguez, doutor en Veterinaria e experto microbiólogo (Universidade Autónoma de Barcelona); José Miguel Mulet, doutor en Bioquímica e experto en Bioloxía Molecular (Universidade Politécnica de Valencia) e Duarte Torres, doutor en Ciencias e Enxeñería Química e Biolóxica (Universidade de Porto).

Completan o panel español de investigadores os científicos Arturo Anadón, doutor en Veterinaria (Universidade Complutense de Madrid); Juan José Badiola, doutor en Veterinaria (Universidade de Zaragoza) e actual presidente do Comité; Andrés Otero, doutor en Veterinaria (Universidade de León); Andreu Palou, doutor en Bioquímica (Universidade das Illas Balears); Pilar Vinardell, doutora en Farmacia (Universidade de Barcelona); Santiago Pascual, doutor en Bioloxía (Universidade de Vigo) e investigador no Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC); e Ana Troncoso, doutora en Farmacia (Universidade de Sevilla). 

O Comité en Portugal está constituído polos científicos Alexandra Nogueira da Silva, experta en Ciencias Farmacéuticas (Facultade de Farmacia de Lisboa), Paula Teixeira, experta en Enxeñería Alimentaria e doutora en Biotecnoloxía (Universidade Católica Portuguesa), Fernanda Vilarinho, doutora en Enxeñería dos Materiais (Instituto Superior Técnico da Universidade de Lisboa), Sandra Chaves, doutora en Bioloxía (Universidade de Lisboa), Inês Pádua doutora en Ciencias da Nutrición (Universidade de Porto) e Isabel Castanheira, doutora en Farmacia (Universidade de Lisboa).

Apoio na Ciencia para afrontar novos retos

Mercadona avoga por unha actitude proactiva ante os novos hábitos e tendencias de consumo. “Os consumidores son cada vez máis esixentes, o que implica anticiparnos para satisfacer en todo momento as súas necesidades”, apunta Angels Millan. De aí a aposta da compañía por un asesoramento científico nas situacións en que se requira asistencia nas especialida-des de cada membro do comité.

A modo de exemplo, este comité científico asesorou á compañía na implantación da súa sección ‘Listo para Comer’: “Requiriu un labor de asesoramento no deseño da sección e na validación tanto dos produtos como dos procesos de produción. O Comité axudounos a que todos os métodos e boas prácticas implantadas garantan a calidade e a súa seguridade alimentaria”, resalta o director de Calidade de Mercadona, Luis Pla.

O abano de proxectos nos que traballa este comité científico é moi amplo. Así, por exemplo, asesora na mellora do modelo de venda de froita partida e na validación de provedores cárnicos, ofrece apoio continuo na avaliación e análise de riscos alimentarios, formación en asuntos de interese científico e asesoramento sobre lexislación alimentaria, por citar só algunhas das materias abordadas.

Membros dos Comités Científicos de Mercadona de España e PortugalComités Científicos de Mercadona de España e Portugal.

Comité Científico de Mercadona en EspañaMembros do Comité Científico de Mercadona en España.

Comités Científicos de Mercadona reunidos en ValènciaEncontro celebrado na sede do Centro Tecnolóxico AINIA, en València.