Logo Mercadona na entrada da tenda

Mercadona repite como empresa con mellor reputación do sector e segunda a nivel nacional na clasificación MERCO

08 de septembro de 2021
  • Na 21.ª edición de Merco Empresas e Líderes máis de 45.000 persoas premiaron a reputación da compañía.
  • O presidente de Mercadona, Juan Roig, volve ocupar a primeira posición na “Clasificación Xeral de Líderes 2021”.

Mercadona consolídase como a 1.ª empresa do sector da Distribución Xeralista en España e a 2.ª empresa con mellor reputación en España na “Clasificación Xeral de Empresas 2021” do Monitor Español de Reputación Corporativa (MERCO).

O mesmo monitor tamén fixo públicos os resultados da “Clasificación Xeral de Líderes 2021”, na que o presidente da compañía, Juan Roig, ocupa a 1.ª posición por terceira edición consecutiva.

Os resultados finais obtéñense mediante a análise de varias dimensións reputacionais tales como a calidade dos produtos e servizos, o clima social, a ética empresarial ou a reputación interna. Para iso, Merco contou na súa 21.ª edición coa participación de 45.000 persoas entre os que se encontran directivos, catedráticos, asociacións de consumidores, analistas financeiros, representantes de ONG, sindicatos, cidadáns, xornalistas e influentes.

Monitor Empresarial de Reputación Corporativa (MERCO)

MERCO é un dos principais monitores de Reputación Corporativa de España e Latinoamérica. Este monitor, que este ano publica a súa 21.ª edición, réxese por unha rigorosa metodoloxía e a auditora KPMG verifícao de maneira independente. Ademais, a devandita organización non recibe subvención ou patrocinio nin público nin privado, e a súa única fonte de financiamento é a comercialización de informes.

As principais áreas avaliadas foron a calidade dos seus produtos e servizos, a reputación interna e o clima laboral, os resultados económico-financeiros, a ética, responsabilidade social e medioambiental das empresas; entre outros.