Entrega de alimentos de Mercadona ao Banco de Alimentos de Las Palmas

Mercadona renova o seu compromiso cos Bancos de Alimentos de Canarias e doará 30 toneladas de produtos de primeira necesidade

12 de xuño de 2020
  • A compañía asina un convenio de colaboración no que se compromete a doar 30 toneladas de produtos de primeira necesidade para que tanto o Banco de Alimentos de Las Palmas como o Banco de Alimentos de Tenerife poidan distribuílos a través de entidades benéficas.
  • Así mesmo, reforzou as doazóns durante a situación excepcional ocasionada pola COVID-19 e nesta liña entrega hoxe 13 toneladas máis de produtos básicos como café, marmelada, deterxente ou xabón para dar resposta á demanda das persoas máis necesitadas.
  • Mercadona entregou dende marzo 326 toneladas de produtos e alimentos ás distintas entidades e organizacións sociais de Canarias, das que 151,5 foron para os Bancos de Alimentos.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, e os Bancos de Alimentos de Las Palmas e Tenerife (Bancoteide) renovaron hoxe o convenio de colaboración, segundo o cal, a empresa doará 30 toneladas de produtos de primeira necesidade durante o ano para que se distribúan ás persoas máis necesitadas a través das distintas entidades benéficas que colaboran cos Bancos de Alimentos de Canarias.

A sinatura do acordo, que tivo lugar de maneira simultánea nas dúas provincias, supón un paso máis dentro do compromiso de Mercadona de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos. Nese sentido, a compañía reforzou as doazóns de alimentos durante a excepcional situación ocasionada pola COVID-19 e doou dende marzo 326 toneladas de produtos e alimentos ás distintas entidades e organizacións sociais de Canarias, das que 151,5 foron destinadas aos Bancos de Alimentos.

Ademais, e froito da intensificación das doazóns, durante a rúbrica produciuse a entrega de 13 toneladas de produtos básicos como café, marmelada, deterxente ou xel, 8 ao Banco de Alimentos de Las Palmas e 5 ao de Tenerife.

Pedro Llorca, presidente do Banco de Alimentos de Las Palmas, destaca “a constante iniciativa solidaria de Mercadona e a renovación do convenio anual, que nos permite dispoñer de 15 toneladas de alimentos de primeira necesidade dando exemplo con feitos, nesta situación dramática co virus, do seu compromiso coa sociedade canaria”. Pola súa parte, Juan Gerardo Krawietz, vicepresidente do Banco de Alimentos de Tenerife, agradece a Mercadona “a colaboración desinteresada que achega todos os anos”.

Arcadio Peñate, Director de Relacións Externas de Mercadona en Las Palmas, puxo de manifesto “o encomiable labor que están realizando os Banco de Alimentos para atender as persoas máis necesitadas” e espera que a contribución da compañía “axude a paliar, na medida do posible, a demanda dos colectivos máis desfavorecidos nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo”. 

Unha política de acción social integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Co devandito obxectivo desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

Como parte desta política, ademais de colaborar cos dous Bancos de Alimentos e outras entidades sociais como Cáritas Diocesana de Canarias, a compañía de supermercados tamén doa produtos a sete comedores sociais de Canarias, cinco deles na provincia de Las Palmas (Misión Cristiana Moderna, El Refugio Majorero, Fundación Canaria Flora Acoge, La Milagrosa e Nuestra Señora del Carmen) e dous na provincia de Santa Cruz de Tenerife (Asociación Benéfica Centro Padre Laraña e La Noria). De feito, no que vai de ano Mercadona doou a estas entidades e organizacións sociais de Canarias un total de 371 toneladas de alimentos.

Entrega de alimentos de Mercadona ao Banco de Alimentos de TenerifeEntrega de alimentos de Mercadona ao Banco de Alimentos de Tenerife.

Entrega de alimentos de Mercadona ao Banco de Alimentos de Las PalmasEntrega de alimentos de Mercadona ao Banco de Alimentos das Palmas.

Logo EActiVate