Mercadona doa alimentos en Cádiz

Mercadona renova o seu compromiso co Banco de Alimentos de El Campo de Gibraltar (Cádiz)

07 de maio de 2019
  • A compañía asina un convenio de colaboración co que se compromete a doar produtos de primeira necesidade para que o banco poida distribuílos a través de entidades benéficas.

A compañía de supermercados Mercadona e o Banco de Alimentos de El Campo de Gibraltar asinaron un convenio de colaboración que formaliza a súa relación, baseada na doazón de alimentos de primeira necesidade para distribuílos ás persoas máis necesitadas, a través das distintas organizacións asistenciais que colaboran co Banco de Alimentos de El Campo de Gibraltar. Pola súa parte, o Banco de Alimentos ratificou o seu compromiso de distribuír entre as organizacións sociais os produtos en condicións adecuadas para que poidan chegar ao consumidor en perfecto estado.

O convenio ten como finalidade continuar a relación que Mercadona ten co Banco de Alimentos. Desta forma, a compañía colabora, un ano máis, nas distintas campañas de recollida de alimentos poñendo a disposición da entidade os seus supermercados na comarca de El Campo de Gibraltar para que todos os clientes que o desexen poidan doar alimentos. O pasado ano recolléronse nas súas tendas de Alxeciras, La Línea, Tarifa, San Roque e Los Barrios máis de 125.500 quilos de produtos básicos doados polos clientes nas distintas Operacións Quilo e na Gran Recollida. 

O presidente do Banco de Alimentos de El Campo de Gibraltar, José Serrano, mostrou a súa satisfacción e o seu agradecemento polo convenio asinado: "estamos moi agradecidos a Mercadona por seguir reforzando a súa colaboración con nós axudando ás familias da comarca de El Campo de Gibraltar que máis o necesitan".

Por parte de Mercadona, o director de Relacións Externas en Cádiz, Rafa Piñero, agradeceulle ao Banco de Alimentos de El Campo de Gibraltar “o seu traballo e a súa dedicación altruísta ao servizo dos máis necesitados", afirmando que a sinatura do convenio "é a nosa contribución para que unha institución como o Banco de Alimentos poida desenvolver o seu encomiable labor".

Banco de Alimentos de El Campo de Gibraltar, é unha asociación sen ánimo de lucro, cuxo obxecto social é a intermediación dos excedentes alimentarios de vendedores por xunto do sector, procurando canalizar estes cara a entidades e institucións de utilidade social que aseguren a súa óptima repartición, coas debidas garantías sanitarias.

Pepe Serrano, presidente do Banco de Alimentos; Pepe Cañete, tesoureiro; Rafa Piñero, director Relacións Externas de Mercadona en Cádiz; e Juan Carlos Herrera, vicepresidente.Pepe Serrano, presidente do Banco de Alimentos; Pepe Cañete, tesoureiro; Rafa Piñero, director Relacións Externas de Mercadona en Cádiz; e Juan Carlos Herrera, vicepresidente.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é contribuír ao seu desenvolvemento e progreso de forma sostible. Co devandito obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías más limpas e eficientes, así como na construción de cubertas axardinadas e xardíns  verticais nas súas tendas.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Medioambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca conxuntamente cos provedores totalers a conversión de residuos en novos recursos.

Ademais, Mercadona colabora con 170 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España para a doazón diaria de alimentos, así como, a colaboración en campañas de recollida de alimentos. Igualmente, traballa cun total de 33 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, está adherida dende o ano 2011 ao Pacto Mundial das Nacións Unidas pola defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.