Colaboración banco de alimentos de Alicante

Mercadona renova o seu compromiso co Banco de Alimentos de Alicante

19 de septembro de 2018
  • Mercadona realizou unha nova entrega á institución de 12.800 quilos de produtos básicos. Con isto, Mercadona xa doou ao Banco de Alimentos de Alicante máis de 108.000 quilos os últimos 6 anos.

Mercadona realizou unha nova entrega de máis de 12.800 quilos de azucre, fariña e leite ao Banco de Alimentos de Alicante. Esta entrega está enmarcada dentro do acordo de colaboración que a cadea de supermercados mantén co Banco de Alimentos da provincia. Con esta nova entrega, Mercadona doou ao Banco de Alimentos de Alicante máis de 108.000 quilos de produtos de primeira necesidade durante os seis anos de vixencia do acordo que mantén con esta entidade.

Ademais Mercadona vai colaborar como en anos anteriores, na Gran Recollida que organiza o próximo 30 de novembro e 1 de decembro a FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e na cal participan os diversos Bancos de Alimentos en toda España. Na provincia de Alicante, Mercadona poñerá á disposición do Banco de Alimentos moitos dos seus supermercados como puntos de recollida de alimentos de primeira necesidade, para que todos os clientes interesados poidan doar alimentos coa “operación quilo”. Na edición do pasado 2017 recolléronse nas súas tendas máis de 97.000 quilos de produtos básicos doados polos clientes.

O Director do Banco de Alimentos de Alicante Juan Vicente Peral comentou: "estamos moi agradecidos a Mercadona por seguir reforzando a súa colaboración con nós axudando ás familias da provincia que máis o necesitan". 

Por outro lado cómpre indicar que desde xuño de 2016 Mercadona colabora co Comedor Social da Asociación de Veciños La Prosperidad de San Gabriel, en Alicante, doando diariamente produtos que retira da venda pero que están en perfecto estado para o seu consumo. Con isto preténdese axudar ao comedor social do barrio de San Gabriel en Alicante que prepara e serve comida a diario para unhas 100 persoas.

Mercadona renueva la donación a Banco de Alimentos de Alicante O Director do Banco de Alimentos de Alicante Juan Vicente Peral xunto a Luis Consuegra, Director de Relacións Externas de Mercadona en Alicante.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Co devandito obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes, así como na construción de cubertas axardinadas e xardíns verticais nas súas tendas.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para isto, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Medioambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca conxuntamente cos interprovedores a conversión de residuos en novos recursos.

Ademais, Mercadona colabora con máis de 140 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España para a doazón diaria de alimentos, así como, a colaboración en campañas de recollida de alimentos. Igualmente, traballa con máis de 27 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Mercadona é desde 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, está adherida desde o ano 2011 ao Pacto Mundial de Nacións Unidas pola defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.